En que períodos se divide a prehistoria?
Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.
Vivían en aldeas e xurdiu a gandaría e agricultura.
Cando comezou a Idade dos Metais?
A Idade dos Metais comezou hai uns 7000 anos.
Que pintaban no Paleolítico e no Neolítico?
No Paleolítico pintaban animais en manda ou illados e no Neolítico pintaban animais e grupos de persoas realizando actividades.
Cando transcorre o Paleolítico?
O Paleolítico transcorre desde a aparición dos seres humanos, hai uns cinco millóns de anos, ata o descubrimento que fixeron da agricultura e da gandaría.
Que comían?
Comían carne, peixes, leite, trigo e arroz.
Que metais se utilizaron?
Primeiro empregouse o cobre, máis tarde, o bronce e finalmente o ferro.
Como eran as pinturas no Paleolítico?
As pinturas eran realistas e pintadas con varias cores.
Por que as persoas se desprazaban dun sitio a outro no Paleolítico?
Que ferramentas utilizaban?
Usaban ferramentas de pedra puída: aixadas, fouces, muíños de man, teares.
Que inventos xurdiron nesta época?
Nesta época inventáronse o arado, que permitía labrar maior cantidade de terra en menos tempo, a roda e a vela, que supuxo unha revolución á hora de viaxar.
Como eran as pinturas no Neolítico?
As pinturas eran esquemáticas e dunha soa cor.
Onde vivían?
Vivían ao aire libre, en covas ou en chozas.
Como vestían?
Ademais de peles, tecían roupa de liño e la para vestirse.
Onde vivían?
Vivían en aldeas que pouco a pouco foron crecendo e convertéronse en poboados e máis tarde en cidades, algunhas delas habitadas por miles de persoas.
Que son as pinturas rupestres?
Son aquelas que se realizaban os seres humanos da prehistoria sobre as paredes de rocha e os teitos das covas.
Que é unha tribo?
Os seres humanos do Paleolítico vivían agrupados en tribos, que eran pequenos grupos formados por varias familias.
Nesa época organizábanse en tribos porque era máis doado sobrevivir en grupo ca de forma individual: a caza era máis fácil realizala entre varios ca un só, podían repartir as tarefas entre todos, cada un podíase especializar nunha cousa...
Que facían?
Cultivaban plantas, criaban animais, creaban cerámica...
Por que a vela e a roda favoreceron o comercio?
A roda mellorou o transporte por terra, xa que posibilitou a construción de carros para trasladar tanto persoas como mercadorías pesadas.
A vela propiciou que os barcos aproveitasen a forza do vento para coller máis velocidade e chegares a lugares afastados.
En que zona da Península se encontraron pinturas do Paleolítico e Neolítico?
Pinturas do Paleolítico atopáronse na zona cantábrica e do Neolítico localizáronse na zona levantina.