¿Cal é a femia do cabalo?
A egua.
¿Qué tipo de texto é un artigo dun xornal?
Texto xornalístico.
Separa os morfemas gramaticais de amigos.
amig-o-s. (-o de xénero; -s de número)
Separa en sílabas ruído.
ru-í-do (hiato)
Identifica o recurso literario da seguinte oración: era frío coma o xeo.
Comparación.
¿Cal é a cría da ovella?
O año.
¿Cal é a finalidade dun texto publicitario?
Convencer.
Morfema derivativo de froitería.
froit-ería (-ería, derivativo)
Localiza unha palabra aguda, unha grave e dúas esdrúxulas na seguinte oración: Arredor de oito toneladas de plástico acaban nos océanos cada ano.
(múltiples respostas)
Continúa a seguinte oración cunha comparación: Tiña o pelo tan fino como...
(resposta aberta)
Sitúa os cotelos no teu corpo.
(Resposta aberta).
¿Qué é unha palabra polisémica?
Unha palabra polisémica é aquela que ten varios significados.
Descompón a palabra reconstruíu en morfemas e lexemas.
reconstru-íu (reconstru- = lexema; -íu = desinencia verbal)
Separa en sílabas actuou.
ac-tuou (tritongo)
Identifica o recurso literario da seguinte oración e o seu significado: os seus ollos eran dous océanos.
Metáfora. Tiña os ollos azuis.
¿Cal é o verbo que corresponde a acción de "apertar, con dous dedos, un pouco de pel e de carne de alguén"?
Beliscar ou petiscar.
¿Qué é un texto narrativo?
É un texto que conta feitos (reais ou imaxinarios) que lles ocorren a uns personaxes nun espazo e nun tempo.
Descompón a palabra bidireccional en morfemas e lexemas.
bi-direccion-al (prefixo bi + lexema direccion + sufixo al)
Define 'ditongo'.
Dúas vogais nunha mesma sílaba. Unha delas ten que ser i ou u.
Explica a seguinte comparación: estábamos amoreados coma pitos.
Estaban moi xuntos e apretados.
Define "tempas".
Cada unha das partes laterais da cabeza, entre a parte superior das órbitas dos ollos e as orellas.
¿Cales son os elementos do texto narrativo? (Pista: son 5)
Narrador, personaxes, historia ou acción, espazo e tempo.
Define lexema.
O lexema ou raíz é aparte invariábel da palabra e contén o seu significado léxico.
¿Qué é un dígrafo?
É un conxunto de letras que representa un único son na fala. ch-, gu-, ll-,...
Define personificación.
Otorga a seres inanimados e animais calidades propias dos seres humanos.