Que dous tipos de dixestión existen?
Mecánica e química
Cales son os órganos que forman o aparato urinario?
Riles, uréteres, vexiga e uretra.
Destrución dos dentes debido á actividade de bacterias
Caries
Enfermidade na que os riles perden a súa capacidade para excretar substancias de refugallo
Insuficiencia renal
Acción diaria que prevén a obstrución dos poros polos que sae o suor.
Lavar a diario a pel con auga e xabón.
Como se chaman as estruturas do intestino delgado que sirven para aumentar a súa superficie de absorción?
Microvilosidades
Que outros órganos interveñen na excreción?
Fígado, pulmóns e glándulas sudoríparas
Inflamación do páncreas
Pancreatite
Enfermidade infecciosa das vías urinarias causada por bacterias.
Cistite
Hábito ao comer que axuda á dixestión dos alimentos.
Comer devagar, mastigando ben os alimentos e distribuír a inxestión en catro ou cinco comidas, preferentemente ás mesmas horas.
Cales son as glándulas dixestivas?
Fígado, páncreas e glándulas salivais
Como se chama a unidade MICROSCÓPICA de filtración dos riles?
Nefrona
Inflamación do fígado
Hepatite
Cal é a mellor solución a longo prazo para a insuficiencia renal crónica?
Transplante de ril
Por que hai que beber suficiente auga sobre todo ao facer exercicio e cando fai calor?
Por que os riles reteñen máis auga e producen unha ouriña máis concentrada, o que supón un esforzo engadido para estes órganos, que poden levar a unha insuficiencia renal.
Cales son os órganos do Tubo dixestivo en orde?
BOCA, FARINXE, ESÓFAGO, ESTÓMAGO, INTESTINO DELGADO E INTESTINO GROSO.
A substancia de refugallo máis coñecida é a
Urea
Inflamación da mucosa gástrica e do intestino delgado
Gastroenterite
Dor moi aguda no abdome que se produce pola obstrución dalgunha vía urinaria debido a algún cálculo ou «pedra».
Cólico nefrítico
Dous alimentos dos que se deben moderar o seu consumo para protexer o aparato dixestivo e evitar malas dixestións.
Sal, café, té, chocolate e salsas picantes.
En que zona do tubo se dixiren os glícidos?
Comeza na boca e continúa no intestino
Absorción, Reabsorción e secreción
Feridas que se abren nas paredes interiores do tubo dixestivo
Úlceras
Número aproximado de horas que dura unha sesión de diálise.
Catro horas e realízase unhas tres veces por semana.
Alimentos que se deben consumir con moderación para evitar cólicos nefríticos.
Alimentos ricos en ácido úrico, como mariscos ou carne de caza.