Os mitos desaparecen co nacemento da filosofía
incorrecto
Significado etimolóxico da palabra filosofía
Amor/amigo do saber
Filosofía e ciencia foron nalgún momento da historia un único saber?
Si, no século VI a. C. co nacemento da filosofía como explicacións racionais
Tema de estudo dos primeiros filósofos
A orixe da natureza (fisis).
Tema de estudo dos sofistas e Sócrates
Cuestións relacionadas cos seres humanos como a moral ou a política
Significado etimolóxico da palabra mito
Significa narración ou discurso (do grego mythos)
Cando e onde aparece a filosofía?
En Grecia, no século VI a. C.
Cando se separan a filosofía e a ciencia?
Despois da Revolución cientifíca, co nacemento da ciencia moderna
Cal era o criterio para considerar monistas ou pluralistas os filósofos presocráticos?
Defender que existe só un arché ou varios
Método empregado por Sócrates
Maiéutica (dar a luz)
Para que serven os mitos?
Para dar resposta a todo aquilo que constituía un enigma para os seres humanos
Contacto dos gregos con moitas culturas distintas.
Ambiente de liberdade intelectual.
Ocio froito da prosperidade económica.
Ausencia de libros sagrados.
2 aspectos que diferencian filosofía e relixión
A filosofía baséase na razón e a relixión na fe.
As teorías filosóficas son revisables e a relixión non
Que elemento escolle Heráclito como principio de todo e por que razón?
O lume, por ser cambiante como a mesma natureza. Asocia calor e vida.
Nome dun sofista que defendía o relativismo moral
Protágoras
Indica 3 características dos mitos
Son irracionais, acríticos, de transmisión oral, personaxes lendarios...
3 características do saber filosófico
Racional, crítico e susceptible de cambio
2 aspectos que comparten filosofía e relixión
Ambas tratan de dar resposta aos interrogantes humanos.
Ambas poden servir para dar consolo aos seres humanos.
Nome de 2 filósofos atomistas
Leucipo e Demócrito
2 teorías que defenden os sofistas con respecto ás leis políticas e as normas morais
Relativismo e convencionalismo moral
Principio básico que explicaba todo o que sucede nos mitos gregos
A vontade caprichosa dos deuses
Que cambio supoñen con respecto á consideración dos fenómenos naturais as explicacións racionais?
Considerar que os fenómenos naturais suceden segundo leis necesarias e non por capricho divino
2características que diferencian filosofía e ciencia
A ciencia usa o método hipotético-dedutivo
A ciencia busca leis que servan para predicir e a filosofía non.
Características que lle atribúe Parménides ao mundo
Non cambia, é eterno,nin se enxendrou nin desaparecerá
Nome das 2 teorías principais de Sócrates con respecto á moral?
Absolutismo moral e intelectualismo moral