Que é a atmosfera?
É a capa de gases que envolve o noso planeta.
A distancia ao ecuador, a distancia ao mar e o relevo.
Cantas variantes de clima mediterráneo atopamos?
Típico, de interior e seco.
Nas illas Canarias.
As temperaturas son suaves todo o ano e as precipitacións escasas.
Onde atopamos o clima de montaña e cales son as súas características?
Dáse nos cumios que están por riba dos 1500 metros de altura.
As temepraturas son baixas no inverno e frescas no verán. As precipitacións son abundantes e no inverno adoitan ser en forma de neve.
Por cantas capas está composta a atmosfera? Explícaas.
Na atmosfera pódense distinguir dúas capas: troposfera e estratosfera. A troposfera é a capa inferior da atmosfera e está en contacto coa superficie do nose planeta.A estratosfera está por riba da troposfera. Nesta capa abunda un gas chamado ozono.
Cantas zona climáticas pódense distinguir no noso planeta?
Unha zona cálida, dúas zonas temperadas e dúas zonas frías.
Onde atopamos o clima mediterráneo típico e cales son as súas características?
Dáse nas rexións bañadas polo mar Mediterráneo, a costa atlántica, andaluza e algunhas zonas do interior de Andalucía, Estremadura e Castela A Mancha.
Os invernos son temperados e os veráns calorosos. As precipitacións son escasas e irregulares.
Que significa "vexetación endémica"?
Vexetación que non medra noutro lugar no mundo. Orixinaria dun lugar.
Que tipo de clima atopamos en Galicia?
Oceánico, de montaña e mediterráneo de interior.
Cal é a diferenza entre tempo e clima?
O tempo é o estadp da atmosfera nun lugar e nun momento concreto mentre que o clima é o tempo que predomina nun lugar ao longo de moitos anos.
En qué zona climática encóntrase España?
España encóntrase na zona temperada, aínda que as illas Canarias están próximas á zona cálida.
Onde atopamos o clima mediterráneo de interior e cales son as súas características?
Dáse nas comunidades que están situadas na Meseta, na depresión do Ebro e noutras zonas do interior.
As temperaturas son moi baixas no inverno e moi altas no verán. As precipitacións son escasas e irregulares.
Menciona un tipo de vexetación do clima subtropical da zona baixa, zona media e zona de cumios.
Zona baixa: cardóns, tabaibas, palmeiras e sabina.
Zona media: laurisilva, loureiros e tileiros.
Zona de cumios: piñeiro canario, xesta e a violeta do Teide.
Onde atopamos o clima oceánico e cales son as súas variantes?
Este tipo de clima predomina en Galicia son temperaturas suaves e precipitacións abundantes.
Pódense distinguir dúas variantes: o clima oceánico de costa e de interior.
Cales son os elementos do clima? Explícaos.
O clima dun lugar defínese polas súas temperaturas e polas súas precipitacións. A temperatura é a cantidade de calor que ten o aire e as precipitacións son a cantidade de auga que cae nun lugar.
Como son as zonas de montaña?
Adoitan ter temperaturas máis baixas e maiores precipitacións ca as zonas de chaira.
Onde atopamos o clima mediterráneo seco e cales son as súas características?
Dáse no sueste peninsular, nas provincias de Alacant, Murcia, Almería e na Cidade Autónoma de Melilla.
As temperaturas son máis elevadas ca no resto das zonas que teñen clima mediterráneo. As precipitacións son moi reudcidas.
Onde atopamos o clima oceánico e cales son as súas características?
Dáse no norte da Península. Esténdese polas comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra e norte de Aragón e de Castela e León.
As temperaturas son suaves onde os veráns son frescos e os invernos temperados.Onde atopamos o clima de montaña en Galicia?
Domina nas serras orientais.
As temperaturas son frías no inverno e suaves nos veráns. As precipitacións son moi abundantes e con frecuencia en forma de neve.
Con que se miden as temperaturas e precipitacións?
A tewmperatura mídese co termómetro e exprésase e graos Celsius. As precipitacións mídense co pluviómetro e exprésase en litros por medio cuadrado.
Por que son máis suaves as temperaturas na costa ca no interior?
Porque a auga quece e arrefría más lentamente ca a Terra. Por iso, durante o día, a temperatura do mar é máis baixa ca a da Terra e a brisa que chega á costa rebaixa a temperatura. Grazas á brisa mariña, as temperaturaS son máis suaves ca as do interior.
Di cales dos seguintes tipos de vexetación pertence o clima mediterráneo: sobreira, tomiño, abeto, faia, aceñeira, piñeros e romeu.
Sobreira, tomiño, aciñeiras, piñeiros e romeu.
Que tipo de vexetación atopamos no clima oceánico?
Bosques e prados.
Onde atopamos o clima mediterráneo de interior en Galicia e cales son as súas características?
Dáse nos vales no Miño e do Sil.
As temperaturas son baixas no inverno e altas no verán. As precipitacións son menores ca no resto de Galicia.