Que é a nutrición?
É o conxunto de procesos mediante os cales obtemos a enerxía e as materiais que necesitamos.
A dixestión, a absorción e a eliminación de refugos.
Que é a respiración?
É o proceso que serve para obter o osíxeno do aire.
Nomea os grupos de nutrientes.
Hidratos de carbono ou glícidos, graxas ou lípidos, proteínas, vitaminas e auga e sales minerais.
Nomea os órganos do aparello dixestivo.
Tubo dixestivo: Boca, farinxe, esófago, estómago, intestino delgado e groso e ano.
As glándulas anexas: glándulas salivares, páncreas e o fígado.
VERDADEIRO OU FALSO
Nas fosas nasais prodúcese o intercambio gasoso de osíxeno e dióxido de carbono.
É o mesmo alimento ca nutriente?
NON. Comemos alimentos. Estes conteñen nutrientes, que son as substancias que nos dan enerxía e nos serven como materiais de construcción.
A dixestión é o proceso polo cal se obteñen os nutrientes nos alimentos.
Comeza na boca, continúa no estómago e termina no intestino delgado.
Que e Cales son as vías respiratorias?
Son os condutos polos cales o aire entra e sae do noso corpo.
Son as fosas nasais, a farinxe, a traquea, os bronquios e os bronquíolos.
Que aparellos e sistemas do noso organismo interveñen na función de nutrición?
Proceso dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor.
Que é a absorción e a eliminación de refugos?
ABSORCIÓN: É o paso dos nutrientes do intestino delgado ao sangue.
ELIMINACIÓN DE REFUGOS: Son os restos dos alimentos que quedan despois da dixestión e que o corpo non pode utilizar.
Que son os alvéolos pulmonares? Como chega a eles o aire? Que proceso ocorre neles?
Son saquiños de paredes moi delgadas e recubertas de capilares sanguíneos. O aire chega tras atravesar as vías respiratorias. Neles ten lugar o intercambio de gases.
Nomea un exemplo cada tipo de nutrientes.
Que diferenza hai entre o quilo e o quimo?
O quimo é unha papa que se forma no estómago cos alimentos parcialmente dixeridos.
O quilo fórmase no intestino delgado e contén os nutritientes e os restos de alimentos non dixeridos.
Define Inspiración, Expiración e Intercambio de gases.
Expiración: movemento respiratorio en que a caixa torácica descende, o aire sae dos pulmóns e diminúe o seu volume.
Intercambio de gases: o osíxeno do aire pasa dos alvéolos ao sange, e o dióxido de carbono, do sangue pasa ao alvéolo.