NUTRICIÓN
PROCESO DIXESTIVO
RESPIRACIÓN
CIRCULATORIO
100

Que é a nutrición?

É o conxunto de procesos mediante os cales obtemos a enerxía e as materiais que necesitamos.

100
Que fases comprende o proceso dixestivo?

A dixestión, a absorción e a eliminación de refugos.

100

Que é a respiración? 

É o proceso que serve para obter o osíxeno do aire.

100

De que está formado o corazón?

Está formado polo sangue, vasos sanguíneos e o corazón.

200

Nomea os grupos de nutrientes.

Hidratos de carbono ou glícidos, graxas ou lípidos, proteínas, vitaminas e auga e sales minerais.

200

Nomea os órganos do aparello dixestivo.

Tubo dixestivo: Boca, farinxe, esófago, estómago, intestino delgado e groso e ano.

As glándulas anexas: glándulas salivares, páncreas e o fígado.

200

VERDADEIRO OU FALSO

Nas fosas nasais prodúcese o intercambio gasoso de osíxeno e dióxido de carbono.

FALSO. Alvéolos pulmonares.
200

Para que serven os glóbulos vermellos e brancos?

GLÓBULOS VERMELLOS: Transportan osíxeno.

GLÓBULOS BRANCOS: Defenden o noso corpo contra as infeccións.


300

É o mesmo alimento ca nutriente?

NON. Comemos alimentos. Estes conteñen nutrientes, que son as substancias que nos dan enerxía e nos serven como materiais de construcción.

300
Que é a dixestión? Sabrías dicir as etapas nas que se realiza?

A dixestión é o proceso polo cal se obteñen os nutrientes nos alimentos.

Comeza na boca, continúa no estómago e termina no intestino delgado.

300

Que e Cales son as vías respiratorias?

Son os condutos polos cales o aire entra e sae do noso corpo.

Son as fosas nasais, a farinxe, a traquea, os bronquios e os bronquíolos.

300

Para que serven as plaquetas?

Axudan a pechar feridas cando se produce unha hemorraxia.

400

Que aparellos e sistemas do noso organismo interveñen na función de nutrición?

Proceso dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor. 

400

Que é a absorción e a eliminación de refugos?

ABSORCIÓN: É o paso dos nutrientes do intestino delgado ao sangue.

ELIMINACIÓN DE REFUGOS: Son os restos dos alimentos que quedan despois da dixestión e que o corpo non pode utilizar.

400

Que son os alvéolos pulmonares? Como chega a eles o aire? Que proceso ocorre neles?

Son saquiños de paredes moi delgadas e recubertas de capilares sanguíneos. O aire chega tras atravesar as vías respiratorias. Neles ten lugar o intercambio de gases.

400

Cita os tipos de vasos sanguíneos.

ARTERIAS, VEAS E OS CAPILARES.

500

Nomea un exemplo cada tipo de nutrientes.

500

Que diferenza hai entre o quilo e o quimo?

O quimo é unha papa que se forma no estómago cos alimentos parcialmente dixeridos. 

O quilo fórmase no intestino delgado e contén os nutritientes e os restos de alimentos non dixeridos.

500

Define Inspiración, Expiración e Intercambio de gases.

Inspiración: movemento respiratorio en que a caixa torácica se eleva, o aire entra nos pulmóns e aumenta o seu volume.


Expiración: movemento respiratorio en que a caixa torácica descende, o aire sae dos pulmóns e diminúe o seu volume. 

Intercambio de gases: o osíxeno do aire pasa dos alvéolos ao sange, e o dióxido de carbono, do sangue pasa ao alvéolo.

500

Que é o corazón?

É un órgano musculoso que latexa continuamente para impulsar o sangue por todo o corpo.

M
e
n
u