Cando e onde nace Descartes?
En 1596, en Francia
Por que quere Descartes atopar un método para a filosofía?
Para lograr que a filosofía progrese igual que o fan as outras ciencias que están avanzando no seu desenvolvemento grazas ao uso dun método
Cal é o atributo de cada unha das susbstancias no pensamento cartesiano?
O atributo da substancia pensante é o pensamento, da substancia infinita é a perfección e da substancia extensa é a extensión
Locke nace en Inglaterra en 1632 e morre en 1704, despois de vivir un tempo exiliado en Francia e en Holanda polas súas ideas políticas?
correcto
Cales son os tres principais contractualistas da modernidade e en que obra aparece a súa teoría?
Hobbes (Leviatán), Locke (Dous tratados sobre o goberno) e Rousseau (O contrato social)
Cando e en que país morre Descartes?
En 1650, en Suecia
Cales son as formas de razoamento que se empregan no método?
Intución e dedución
Que substancia é o ser humano?
A súa alma é substancia pensante e o seu corpo é substancia extensa
Menciona 3 ideas de Locke que inspiran a Gloriosa Revolución inglesa e inflúen nos ilustrados franceses e na Revolución francesa
A defensa da tolerancia, a liberdade relixiosa e a racionalidade.
A oposición ao absolutismo
Como xustifica Hobbes o absolutismo?
Considerando que os individuos, dada a situación de guerra permanente no estado de natureza, deciden renunciar a todos os seus dereitos en favor do Leviatán, que debe ter un poder absoluto e irrevogable para poder garantir a paz e a seguridade na sociedade
Título de 3 obras de Descartes
Discurso do método
Meditacións metafísicas
Principios da filosofía
Regras para a dirección do espírito
As paixóns da alma
Enumera as regras do método e indica en cal se usa a intuición e en cal a dedución
Evidencia (intuición), análise, síntese (dedución) e revisión
Cal é o criterio de verdade ou certeza?
A primeira evidencia ("Penso, logo existo"), xa que todo o que sexa captado con igual evidencia, isto é, de forma clara e distinta sera necesariamente verdadeiro
Título de 3 obras de Locke
Ensaio sobre o entendemento humano
Dous tratados sobre o goberno
Carta sobre a tolerancia
Por que se considera que a teoría de Locke senta as bases do novo estado burgués?
Por defender como un dereito natural o dereito á propiedade, xa que o novo modelo de estado impulsado pola burguesía a defensa da propiedade privada era esencial
Descartes é un autor racionalista. Menciona o nome doutros 2 filósofos racionalistas
Spinoza, Leibniz, Malebranche
En que consiste a dúbida metódica?
Dubidar de todos os coñecementos que se tiñan aceptado ata ese momento para atopar unha primeira verdade ou evidencia que sexa incuestionable
Cal é a función de Deus na filosofía cartesiana?
Ser garantía de veracidade, isto é, garantir que as nosas ideas claras e distintas se corresponden co mundo exterior
Locke é un filósofo empirista. Menciona o nome doutros dous filósofos empiristas
Hume e Berkeley
Cal é a función do Estado no modelo de organización da sociedade que propón Locke?
Garantir os dereitos naturais e actuar como xuíz imparcial en caso de incumprimento de tales dereitos
Menciona 3 ideas que comparten os racionalistas
A razón humana é a fonte fundamental de coñecemento
Existen ideas innatas
É necesario o uso dun método para guiar o noso saber
Cales son os motivos para a dúbida metódica e de que cousas o levan a dubidar?
O engano dos sentidos faino dubidar do coñecemento sensible.
A imposibilidade de distinguir a vixilia do soño faino dubidar da propia realidade.
A hipótese do xenio maligno faino dubidar ata das matemáticas
Cales son as tres probas da existencia de Deus que elabora Descartes?
Deus como causa da miña idea de perfección, Deus como causa do meu ser imperfecto e o argumento ontolóxico
Menciona 3 ideas que compartan os filósofos empiristas
A experiencia é a orixe e o límite do coñecemento
Non existen as ideas innatas
O modelo de coñecemento son as ciencias experimentais
Que papel ten a vontade xeral na proposta contractualista de Rousseau?
O contrato é a manifestación da soberanía da vontade xeral, que busca sempre o ben social, a utilidade pública