Nomea catro emocións básicas
Alegría, tristeza, ira, medo
Menciona 3 razóns que poden levar a unha persoa a ceder á chantaxe emocional
Baixa autoestima, medo a perder á outra persoa, exceso de empatía
Diferenza o sexo do xénero
O sexo é unha determinación biolóxica que ten cada persoa segundo sexa home ou muller e o xénero fai referencia aos comportamentos e características sociais, culturais, emocionais e psicolóxicas que cada sociedade asigna como propios a mulleres e homes. É algo adquirido
A forma que adopta o amor nunha relación de parella é algo natural, non se aprende?
Incorrecto
Nome dun filósofo que considera que o máis importante no ser humano é a razón e nome dun filósofo que considera que no ser humano tan importante como a razón son as emocións e sentimentos
Descartes e Pascal
A chantaxe emocional é unha forma de control e manipulación das persoas a través das emocións da culpa e a obriga?
Tamén do medo
Que nome reciben o conxunto de tarefas e funcións asignadas a unha persoa diferenciadas por sexos?
Roles de xénero
Segundo o modelo do amor romántico, indica 3 características de sedución nos homes e nas mulleres
A muller seduce coa súa beleza, corpo, xestos ou roupa, non leva a iniciativa, é escollida.
O home seduce polos seus bens materiais, e por mostrar seguridade, iniciativa, ser decidido e valente
Con que hemisferio cerebral relacionas a razón e as emocións e sentimentos?
A razón co hemisferio esquerdo e as emocións e sentimentos co hemisferio dereito
Autor que populariza o concepto de intelixencia emocional
Daniel Goleman
Cal foi a principal reivindicación das feministas durante o século XIX e que nome recibiron?
O dereito ao voto para as mulleres. As sufraxistas
Por que se considera na concepción do amor romántico que os celos son mostra de amor?
Porque se concibe o amor como posesión e exclusividade
Definición de emoción?
Proceso psicofisiolóxico que se produce ao percibir un obxecto, persoa, lembranza, etc. Son condutas de reacción automática e estados afectivos breves e intensos.
Menciona 4 habilidades prácticas das persoas intelixentes emocionalmente
O manexo equilibrado das emocións propias e alleas, a empatía, a capacidade de motivación, a autoconciencia, o liderato
Que é o patriarcado?
É a estrutura social que crea e mantén unha situación de dominación e imposición masculina na que os homes teñen máis poder e privilexios cás mulleres
Por que as mulleres idealizan máis o amor cós homes?
Porque a elas incúlcaselles que o máis importante na vida é ter parella
Cales son as funcións das emocións?
Adaptativas, sociais e motivacionais da conduta
Cales son os tipos de intelixencia segundo H. Gardner?
Lingüística, espacial, musical, cinestésica-corporal, lóxico-matemática, intrapersoal e interpersoal
Menciona 4 logros do feminismo durante o século XX
O acceso á educación para a muller, o dereito a posuír propiedades en solitario, a liberdade sexual e o acceso a anticonceptivos
Indica 3 mitos do amor romántico
A idea da "media laranxa", a omnipotencia do amor, os celos como signo de amor, a idea da paixón eterna ou o mito de que o amo é o máis importante da vida e require entrega total