Orixe, características e clasificación das ciencias
O método científico
Progreso e obxectividade na ciencia
Ciencia e tecnoloxía
100

Cando e a consecuencia de que se independiza a ciencia da filosofía?

A partir da Revolución científica dos séculos XVI e XVII

100

Cales son as dúas formas de argumentación que se empregan no método científico?

Indución e dedución

100

Filósofos que defende o progreso na ciencia

Círculo de Viena

100

En que se distingue a técnica da tecnoloxía?

No grao de complexidade e aplicación de coñecementos científicos

200

Indica 2 características que diferenzan a ciencia doutras formas de saber

Matematización e experimentación

200

En que consiste a indución?

Partir de premisas sobre casos concretos ou particulares e deles extraer unha conclusión xeral

200

Autor do concepto "paradigma científico"

T. Kuhn

200

Tipo de razón que prevalece na tecnoloxía, segundo os filósofos da Escola de Frankfurt

Razón instrumental

300

Que ciencias engloban as ciencias empíricas?

As ciencias naturais e as sociais

300

Cal é o problema da indución?

A conclusión xeral é so probable, nunca totalmente segura pois é imposible comprobar todos os casos

300

Que é un paradigma científico?

Conxunto de concepcións teóricas, crenzas, valores, maneiras de enfocar os problemas, etc que comparten os membros da comunidade científica nun período de ciencia normal

300

Define "racionalidade instrumental"

A racionalidade que só ten en conta a eficiencia, utilidade ou rentabilidade á hora de conseguir un fin

400

Cal é o obxecto de estudo das ciencias formais?

As relacións entre símbolos (carecen de contido empírico)

400

Enumera os pasos do método hipotético-dedutivo

Observación e formulación dun problema.Elaboración dunha hipótese explicativa. Dedución das consecuencias da hipótese. Contrastación a través da experimentación. Análise dos resultados que levan a refutar a hipótese ou a confirmala e transformala en lei.


400

Menciona 2 aspectos polos que se cuestiona a obxectividade na ciencia

Está influída polo contexto histórico e social. Depende os intereses de quen financia as investigacións científicas

400

Por que é necesaria unha racionalidade crítica na tecnoloxía, segundo os filósofos da Escola de Frankfurt?

Por que é preciso analizar a idoneidade dos fins aos que serve a tecnoloxía

M
e
n
u