Graos de coñecemento e facultades cognitivas
A verdade
Racionalismo e empirismo
-ismos
100

Nivel de coñecemento no que estamos seguros de algo pero non podemos demostralo

Crenza

100

En que consiste a verdade como correspondencia?

Considerar unha proposición como verdadeira se na realidade sucede o que indica a proposición

100

Menciona un filósofo racionalista e outro empirista

Racionalista: Descartes e empirista: Locke, Hume

100

Non existe coñecemento seguro e absoluto

Escepticismo

200

Diferenza entre crenza e coñecemento

A crenza non está demostrada e o coñecemento pódese probar, pódese xustificar racionalmente

200

A teoría da verdade como éxito é a que afirma que unha proposición é verdadeira se é útil?

Correcto

200

Que significa o término "tabula rasa" e quen o empregou?

Fai referencia a unha folla en branco, a unha táboa sen nada escrito. Foi usado polo empirismo

200

Podemos adquirir un coñecemento seguro e universal e este pode ampliarse ilimitadamente

Dogmatismo

300

Definición de percepción

Facultade cognitiva que nos pon en contacto coa realidade e nos permite facer representacións desta a partir dos datos sensibles

300

Nome da teoría da verdade que fai referencia a carecer de contradicións internas

Verdade como coherencia

300

Os racionalistas defenden a existencia de ideas innatas

Correcto

300

Que é o criticismo?

Actitude filosófica que considera que o coñecemento é posible pero non é incuestionable e definitivo

400

A intelixencia sérvese da capacidade simbólica.Que 2 cousas fai posible esta capacidade?

A linguaxe articulada e a abstracción mental

400

En que consiste a intersubxectividade como criterio para recoñecer a verdade?

Considerar que as nosas crenzas para ser admitidas como verdadeiras deben ser aceptables para calquera suxeito racional

400

Principal diferenza entre racionalistas e empiristas

O racionalismo defende que o coñecemento obtense a través da razón e o empirismo a través da experiencia e os sentidos

400

Sinala 2 diferenzas entre o relativismo  e o perspectivismo

O relativismo nega a posibilidade dunha verdade absoluta e o perspectivismo non.

O relativismo di que a verdade é relativa a un contexto social, cultural e histórico e o perspectivismo di que todas as perspectivas particulares son verdadeiras e a súa unión sería a verdade absoluta

M
e
n
u