Cal é o órgano onde se forma o bolo alimenticio?
Boca
Que estrutura almacena a urina antes de ser expulsada?
A vexiga
Cal é a principal función do aparato respiratorio?
O intercambio gaseoso
Como se chama o tipo de vaso que transporta sangue desde o corazón?
Arterias
Que enfermidade do dixestivo está causada por bacterias e afecta aos dentes?
Caries.
Cal dos seguintes órganos non pertence ao tubo dixestivo: boca, larinxe, esfófago, estómago, intestino delgado e intestino groso.
larinxe
Que nome reciben os conductos que transportan a orina dos riles á vexiga?
Uréteres
En que estrutura pulmonar se realiza o intercambio de gases?
Alvéolos.
Como se chaman as fases do latexo cardíaco?
Sístole e diástole
Como se chama a enfermidade circulatoria causada por un bloqueo nunha arteria coronaria?
Infarto de miocardio.
En que parte do tubo dixestivo ocorre a maior parte da absorción de nutrientes?
Intestino delgado
Cal é a principal función do aparato excretor?
Eliminar substancias de refugallo.
Cal é o músculo que permite os movementos respiratorios?
O diafragma.
Que compoñente do sangue transporta osíxeno?
Hemoglobina
Que enfermidade excretora se caracteriza pola formación de cálculos nos riles?
Cólico nefrítico.
Que substancia producida polo fígado axuda a dixerir as graxas?
Bile
Cal é a unidade funcional do ril onde se filtra o sangue?
Nefronas
Por que estruturas pasa o aire antes de chegar á traquea?
Fosas nasais, farinxe e larinxe.
Que vasos permiten o intercambio de gases e nutrientes nos tecidos?
Capilares
Que condición obriga a realizar diálise nun paciente?
Insuficiencia renal crónica.
Como se chama a papilla líquida resultante da dixestión no intestino delgado?
Quilo
Que órgano excretor elimina o dióxido de carbono?
Os pulmóns.
Que estrutura controla a frecuencia respiratoria no cerebro?
Bulbo raquídeo
Que tipo de circuíto conecta o corazón cos pulmóns?
Circuíto pulmonar.
Que dúas medidas combinadas son clave para previr enfermidades cardiovasculares?
Dieta equilibrada e exercicio físico regular.