Que son os os mapas?
Os mapas son representacións planas da Terra ou de parte dela.
Para que serven os paralelos e os meridianos?
Para poder localizar calquera lugar na Terra.
Como é o nome do continente gris?
África
Como se chama o océano do número 4?

Océano Atlántico
Que é a escala?
A escala indica a relación que hai entre a distancia dun territorio na realidade e a que ocupa no mapa.
Que son os paralelos?
Os paralelos son liñas imaxinarias que rodean a Terra Estas liñas son paralelas ao ecuador
Como é o nome do continente verde?

América do Sur
Como se chama o océano con número 10?

Océano Índico
Como poden ser as escalas dos mapas?
Poden ser gráficas e numéricas.
Que son os meridianos?
Os meridianos son liñas imaxinarias que unen os dous polos.
Como se chama o continente amarelo?

América do Norte
Como se chama o océano con número 8?

Océano Glacial Antártico
Como se calculan as distancias coa escala dun mapa?
Para calcular a distancia real entre dpus puntos dun mapa, realízanse os seguintes pasos:
1. Mídese cunha regla a distancia no mapa.
2. Despois, multiplícase a distancia polo denominador da escala e divídese polo numerador.
3. Tense que pasar o resultado final a metros ou quilómetros
Como se chama o meridiano cero?
Meridiano de Greenwich.
Como se chama o continente rosa?

Europa
Como se chama o océano co número 1?

Océano Pacífico
Cantos tipos de mapas existen?
Físico, político ou temático
Que miden os paralelos?
Miden a latitude, que é a distancia que hai entre calquera punto da Terra e a liña do ecuador.
Como se chama o continente laranxa?

Asia
Como se chama o océano co número 3?

Océano Glacial Ártico