Vitaminas
Enzimas
Metabolismo
Catabolismo/Anabolismo
Sorpresa
100

As vitaminas son moléculas orgánicas ou inorgánicas?

Orgánicas

100

Indica 4 propiedades dos enzimas

- Diminúen enerxía de activación

- Actúan en cantidades moi pequenas. 

- Non se consomen durante a reacción.

- Son moi específicos (de reacción e de substrato).

- Son moi efectivos.

100

Definición de metabolismo

Conxunto de reaccións químicas que teñen lugar no interior das células dun organismo mediante as que se obtén materia e enerxía necesarias para as funcións vitais. Require a participación de enzimas.

100

Catabolismo ou anabolismo:

- Reaccións de degradación de moléculas complexas en moléculas máis simples.

- Reaccións de oxidación.

- Xeran enerxía, ATP.

- Xeran poder redutor (NADH, FADH2)

Catabolismo

100

Onde se almacena a enerxía obtida polas células no metabolismo?

ATP

200

Cita 2 vitaminas hidrosolubles

Grupo B/C

200

Que é o cofactor?

Parte non proteica dunha holoencima.

200

Diferencia entre metabolito intermedio e produto dunha ruta metabólica.

Os metabolitos intermedios son substancias que interveñen nunha ruta metabólica e que sofren transformacións durante esta.

O produto é unha molécula final resultado da ruta.

200

Catabolismo ou anabolismo?

- Precisa poder redutor

- Reaccións de redución.

- Consume ATP.

- Síntese de moléculas complexas a partir doutras máis sinxelas.

Anabolismo

200

Por que as vitaminas hidrosolubles non poden ser causa de hipervitaminose?

Ao ser solubles en auga elimínanse facilmente a través da orina.

300

Que tipo de vitaminas poden resultar tóxicas se se inxiren en grandes cantidades?

Liposolubes

300

Describe os tipos de aminoácidos do centro activo dunha encima.

Fixadores: establecen enlaces débiles co substrato.

Catalizadores: Establecen enlaces débiles e fortes co substrato, provocando a rotura dalgún dos seus enlaces.

300

Verdadeiro ou falso: os compostos orgánicos teñen maior contido enerxético canto máis reducidos están. Polo que as reaccións de oxidación consumen enerxía.

Falso: os compostos orgánicos teñen maior contido enerxético canto máis reducidos están. Polo que as reaccións de oxidación LIBERAN enerxía.

300

Que obteñen as células do catabolismo.

Enerxía, moléculas sinxelas (NH3, CO2, H2O, etc) e poder redutor.

300

Que son as provitaminas?

Estado no que se encontran algunhas vitaminas nos alimentos. Precisan transformacións posteriores para ser funcionais

400

Que é a avitaminose?

A carencia total dunha vitamina

400

Que é a Km? Que relación hai entre o seu valor e a afinidade entre unha enzima e un substrato determinado?

- Concentración de substrato á que se acada a metade da velocidade máxima.

- A menor Km, maior afinidade ES.

400

Canta enerxía se libera na defosforilación dun ATP?

7'3 Kcal/mol

400
Precísase poder redutor.

Anabolismo

400

Diferencia entre un  inhibidor irreversible e un reversible competitivo.

O irreversible únese permanentemente ao CA, o reversible é unha unión temporal.

500

Indica 4 características das vitaminas

- Precísanse en pequenas cantidades

- Son nutrientes esenciais para os animais

- Coenzimas, precursores de coenzimas, ou precursores doutras moléculas activas do metabolismo.

- Son substancias lábiles.

500
Que é unha enzima alostérica? Que vantaxes teñen fronte as enzimas non alostéricas?

É aquela que ademais do centro activo ten un centro regulador.

Poden autorregular a actividade (o P pode actuar como inhibidor ou o S como activador). Regulación máis rápida e eficiente.

500

Por que se di que o metabolismo está baseado en reaccións de oxidación-redución?

Por que gran parte das reaccións metabólicas son redox, de transferencia de electróns.

500

Respiración celular

Catabolismo

500

Que tipo de reaccións catalizan as deshidroxenases?

Reaccións redox de deshidroxenación, bas que se liberan protóns e electróns.

M
e
n
u