Como se chama o submarino da novela Vinte mil leguas de viaxe submarina?
Nautilus
Como se chamaba a fábrica de Sanjurjo Badía?
A Industriosa
Que libro estaba lendo Violeta cando coñece a Jules Verne?
O Compendio Botánico de Jeanne Baret
Como se chama a bisaboa de Violeta?
Hortensia
Que premio(s) recibiu esta novela?
Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015
Premio The White Ravens 2017
Quen feriu nunha perna a Jules Verne dun balazo?
O seu sobriño Gastón
Cal era o alcume que demostraba as cualidades inventivas e técnicas de Sanjurjo Badía?
O Habilidades
De que século é Jeanne Baret?
Do s. XVIII
Como se chaman as criaturas pequeniñas que habitan á planta que nace cando nace unha muller planta?
Nepheas. A de Violeta chámase Ne
Onde naceu Ledicia Costas?
En Vigo
Como se chama o capitán da novela de Verne que aproveita as riquezas dos galeóns afundidos en Rande?
Capitán Nemo
Que lle pasou á fábrica de Sanjurjo Badía en 1942?
Foi destruída por un terrible incendio.
A que disciplina científica se adicaba Jeanne Baret?
Á botánica
Que necesita unha muller planta para non desfallecer?
Hidratarse moito
Cal foi a primeira novela para adultos de Ledicia Costas?
Un animal chamado néboa
Cando visitou Verne Vigo e por que?
En 1878 facendo escala e en 1884 por unha avaría do seu barco.
O nome da fábrica de Sanjurjo Badía é unha homenaxe a....
..ás abellas
Jeanne Baret foi a primeira muller coñecida que....
...deu a volta ao mundo.
De que traballaba Pierre antes de ser acollido por Verne?
Era desenfeluxador.
Cal foi o primeiro libro de poesía de Ledicia Costas?
Xardín de Inverno
De que morreu Jules Verne?
De diabete en 1905
Chegou a construír Sanjurjo Badía algún submarino?
En 1898, un submarino en miniatura para defender o porto de Vigo dun posible ataque dos EE.UU.
Onde desembarcan a Jeanne Baret, logo de descubrir que era unha muller disfrazada de home?
En Tahití ou na illa Mauricio
Quen nos conta toda a historia?
Lila, a bisneta de Violeta e Pierre
Con que novela conseguiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2015?
Escarlatina a cociñeira defunta