En que século e país vive Kant?
Século XVIII en Alemaña
Que movementos filosóficos fusiona Kant na súa teoría do coñecemento?
Racionalismo e empirismo
Cales son os xuízos propios da ciencia?
Os xuízos sintéticos a priori
Como se denomina a ética kantiana?
Ética formal
Indica unha crítica que fai Kant ás éticas materiais?
Son éticas interesadas (establecen un fin e como conseguilo) e non poden ter unha validez universal
Con que movemento cultural europeo se asocia Kant?
A Ilustración
Que aspectos recolle Kant do empirismo e do racionalismo na súa teoría do coñecemento?
Empirismo: O coñecemento iníciase sempre coa experiencia
Racionalismo: O suxeito que coñece constrúe el mesmo unha determinada maneira de coñecer
Cal é o límite do coñecemento?
Os fenómenos
Que é a boa vontade?
Aquela que actúa non só conforme ao deber senón por deber
Como define Kant o deber?
A necesidade dunha acción por respecto á lei
Indica o título de 3 obras de Kant
Crítica da razón pura
Crítica da razón práctica
Crítica do xuízo
Fundamentación da metafísica dos costumes
A que se refire Kant con "noúmeno" ou "cousa en si"?
Aquilo que non se mostra á sensibilidade e, en consecuencia, non pode ser coñecido.
Que presupón o suxeito a nivel de sensibilidade?
As formas a priori da sensibilidade ou intuicións puras que son o espazo e o tempo
Por que a ética de Kant é deontolóxica?
Por considerar que a moralidade está na pureza das intencións, nos motivos que non levan a facer algo e non nas consecuencias dos nosos actos
Que son os imperativos e que tipos de imperativos existen?
As fórmulas que expresan os mandatos da razón.
Os imperativos poden ser hipotéticos ou categóricos
Nome de 4 autores que influíron no pensamento de Kant
O científico Newton
os racionalistas Leibniz e Wolff
o empirista Hume
o ilustrado Rousseau
Que presupón o suxeito que coñece a nivel de entendemento?
As condicións a priori do entendemento, que son as categorías ou conceptos puros
A que deben aplicarse os conceptos puros para que produzan coñecemento?
Aos fenómenos
Enuncia a primeira formulación do imperativo categórico
"Obra só segundo unha máxima tal que poidas querer ao mesmo tempo que se converta en lei universal"
Enuncia a segunda formulación do imperativo categórico
"Obra de tal modo que uses a humanidade, tanto na túa persoa como na de calquera outro, sempre como un fin ao mesmo tempo e nunca só como un medio"
Indica 3 ideas defendidas pola Ilustración
A necesidade de clarificación racional e coñecemento fronte á ignorancia e irracionalidade
A educación como medio para o progreso
A defensa das novas ciencias
A difusión do saber e a cultura entre todas as persoas
Por que son posibles os xuízos sintéticos a priori na física?
Porque os xuízos básicos da física refírense ás categorías, que son as condicións a priori do entendemento
Cal é o labor da Dialéctica trascendental?
Denunciar a ilusión da razón na metafísica de pretender alcanzar o coñecemento da cousa en si, do que está máis alá da experiencia.
Que diferenza hai entre unha ética autónoma e unha ética heterónoma?
Na ética autónoma a persoa escolle como ser racional as normas que vai seguir mentres que na ética heterónoma a persoa non decide racionalmente as normas morais senón que proceden dun poder exterior ou dos seus desexos
Que se entende por ben supremo e que postulados da razón práctica fan posible o ben supremo?
O ben supremo é a síntese de virtude e felicidade.
Este ben supremo é posible só grazas á inmortalidade da alma e a existencia de Deus