LABORATORIO I
LABORATORIO II
LABORATORIO III
LABORATORIO IV
100

¿Como se denomina ao conxunto de etapas que van desde que o médico solicita a análise ata que a mostra chega ao laboratorio para ser procesada?

Fase preanalítica.

100

¿Que tipo de aditivo (anticoagulante) debe conter o tubo de sangue para realizar un hemograma completo en hematoloxía?

EDTA.

100

¿Que produto químico de uso común en dilución ao 10% se emprega para a desinfección química das encimeras do laboratorio ao rematar a práctica?

Lixivia (hipoclorito sódico).

100

¿Que parámetro determina o "nivel de perigo" real dun procedemento clínico, ademais do grupo de risco do microorganismo co que se traballa?

Virus de febres hemorráxicas (ex: Ébola).

200

¿Que documento ou rexistro garante o seguimento estrito dunha mostra biolóxica en cada paso do proceso analítico para evitar erros de identificación?

O rexistro (ou folla) de trazabilidade.

200

¿Que aparello do laboratorio clínico utiliza vapor de auga a alta presión e temperatura para esterilizar o material e os medios de cultivo?

O autoclave.

200

¿En cantos grupos de risco se clasifican os microorganismos segundo a perigosidade que presentan para o ser humano e a comunidade?

Catro (4) grupos de risco.

200

¿Como se clasifican as barreiras de contención que protexen directamente ao operador e ao ambiente inmediato do laboratorio (ex: EPIs, cabinas)?

Barreiras primarias.

300

¿Cales son as dúas variables principais que se deben controlar para asegurar a correcta conservación dunha mostra biolóxica durante o seu transporte?

O tempo e a temperatura.

300

¿Como se denomina o procedemento que axusta un equipo de medida para asegurar que os resultados obtidos sexan exactos e fiables?

Calibración.

300

¿A que grupo de risco pertence un microorganismo que causa enfermidades graves, supón un perigo serio para os traballadores, pero ten pouca probabilidade de propagarse á colectividade e conta con tratamento eficaz?

Grupo de risco 3.

300

¿Como se denominan as barreiras relacionadas co deseño arquitectónico, a localización e os sistemas de ventilación do propio edificio do laboratorio?

Barreiras secundarias.

400

¿Que criterio preanalítico obriga a rexeitar de inmediato unha mostra de urina que carece de etiqueta con código de barras ou nome do paciente?

Mostra non identificada (ou erro de identificación).

400

¿Que equipo de protección colectiva debe utilizarse obrigatoriamente para sementar mostras sospeitosas de conter patóxenos respiratorios perigosos?

Cabina de Seguridade Biolóxica (CSB).

400

¿Que nivel de seguridade biolóxica (BSL) debe ter, como mínimo, un laboratorio clínico que traballa con patóxenos que se transmiten por vía aérea e causan infeccións graves como Mycobacterium tuberculosis?

Nivel de seguridade 3 (BSL-3).

400

¿Que barreira primaria é imprescindible para a manipulación de mostras que impliquen risco de proxeccións ou salpicaduras nos ollos?

Gafas de seguridade (o pantalla facial).

500

¿Que técnica preanalítica, baseada na forza centrífuga, utilízase para separar o soro do paquete celular nun tubo de sangue?

Centrifugación.

500

¿A que grupo ou colector de residuos (I, II, III ou IV) pertencen as agullas e bisturís utilizados no laboratorio?

Grupo III (Residuos sanitarios específicos ou punzantes).

500

¿Cual é o único grupo de risco microbiano que presenta un perigo nulo ou moi baixo para o individuo e para a comunidade (ex: Bacillus subtilis)?

 Grupo de risco 1.

500

¿O filtro HEPA dunha cabina de seguridade biolóxica, que retén partículas microbianas no aire exhalado, considérase unha barreira primaria o secundaria?

Barreira primaria.

M
e
n
u