LITERATURA
DÍGOCHO EU!
LECTURAS
COMUNICACIÓN
LÉXICO
100

Este xénero literario foi denominado por Aristóteles coma "A épica"

Que é a narrativa?

100

É a maneira correcta de chamarlle ás mulleres que tocan a pandeireta.

Que/quen son as pandeireteiras?

100

É o nome da autora do libro "O corazón de Xúpiter".

Quen é Ledicia Costas?

100

Este tipo de textos transmite información de maneira obxectiva sobre un tema.

Que é un texto expositivo?

100

Son as notas que o alumnado toma á man durante as explicacións na aula.

Que son apuntamentos?

200

O sainete é un exemplo deste xénero literario

Que é o teatro?

200

É a maneira correcta de chamarlle ao "tupper" que levamos á praia.

Que é friameira?

200

É o nome da acosadora pasiva protagonista da novela "O que sei do silencio".

Quen é Delia?

200

Este tipo de textos trata de convencer sobre un tema con subxectividade.

Que é o texto argumentativo?

200

É a árbore que da as améndoas.

Que é amendoeira?

300

Son os tres subxéneros teatrais.

Que son traxedia, comedia e drama?

300

É outra maneira de chamarlle ao signo zodiacal Aries.

Que é ariete/carneiro?

300

SUPERJEOPARDY!

É o conto de fadas que se intercala durante as reflexións dun dos personaxes da novela O que sei do silencio.

300

Son os tres subxéneros narrativos non literarios que pertencen ao xornalismo.

Que son a noticia, reportaxe e crónica?

300

SUPERJEOPARDY!

É a maneira correcta en galego de chamarlle á xanela onde se venden entradas para un evento sen recorrir ao castelanismo "taquilla".

400

Son as tres modalidades do discurso narrativo.

Que son narración, descrición e diálogo?

400

É un sinónimo de parasol.

Que é antuca/catasol?

400

É o pseudónimo de Isla na novela "O corazón de Xúpiter".

QueQuen é Casiopea?

400

O bautismo do fillo dunha celebridade narrado cronolóxicamente por un xornalista testemuña en linguaxe literaria pertencería a este tipo de texto xornalístico en concreto.

Que é unha crónica social/de sociedade?

400

Esta expresión fraseolóxica con referencia a froitos úsase para dicir que pasou moito tempo dun feito a outro, ou, dito doutro xeito: de pascuas en ramos.

Que é de figos a béveras?

500

Sons as tres modalidades de estrutura interna narrativa dependendo da orde de presentación dos acontecementos

Que son lineal ou cronolóxica, in media res e de ruptura temporal (flash-back/flash-forward, circular e contrapunto)?

500

É a maneira correcta de dicir "esguince" en galego.

Que é escordadura/torcedura/retorzón?

500
É o nome da nai de Alonso na novela "As meigas de Lupa".

Quen é Penélope?

500

Para que un texto teña sentido ten que cumprir estas tres propiedades textuais.

Que é adecuación, coherencia e cohesión?

500

Esta expresión fraseolóxica na que se fai referencia a un arbusto usámola para indicar que alquén está moi forte e san.

Que é estar coma un buxo?

M
e
n
u