A que corrente filosófica pertence Locke?
Empirismo
Que 2 estados existen antes e despois do contrato social?
Estado natural e estado social
Cono nacen todas as persoas no estado natural?
Libres e iguais
Segundo Locke os seres humanos son forzados a facer un contrato para crear a sociedade civil?
Incorrecto. Somos sociais por natureza e páctase por consentimento libre e racional
Cando e onde nace Locke?
En 1632, en Wrington (Inglaterra)
Que autor contractualista lexitima o absolutismo e en que obra o fai?
T. Hobbes. A obra é o Leviatán
Existe na natureza algo que limite a conduta das persoas no estado de natureza?
A lei natural
Que forma de estado acaba lexitimando Locke?
O liberalismo político
Menciona outros dous filósofos empiristas
Hume e Berkeley
Que autor contractualista lexitima a democracia e en que obra o fai?
J. J. Rousseau. A obra é O contrato social
Que dereitos naturais existen?
Á vida, á liberdade e á propiedade
Cales son as funcións do poder político?
Protexer os dereitos naturais e establecer un xuíz imparcial nas disputas entre os individuos
Por que Locke se exilia e cando volve ao seu país?
Debido a súa oposición ao absolutismo.
Volve a Inglaterra despois da Gloriosa Revolución de 1688
Para que serven as teorías contractualistas?
Explican a orixe da sociedade e o poder político
Xustifican ou lexitiman unha forma de poder político
Por que se considera que Locke senta as bases do estado burgués?
Pola súa defensa do dereito á propiedade, tan importante para a burguesía, como un dereito natural
Por que establece Locke a división de poderes e cales son eses poderes?
Para evitar o absolutismo, o abuso de poder e a corrupción.
Os poderes son lexislativo, executivo e federativo
Menciona as 3 principais obras de Locke
Tratado sobre o goberno civil
Ensaio sobre o entendemento humano
Carta sobre a tolerancia
Que filósofo contractualista fala da "vontade xeral" e en que consiste?
Rousseau.A vontade xeral é a que busca o ben común, expresa a utilidade pública, non é a suma de moitas vontades particulares
Que 2 inconvenientes se presentan no estado de natureza?
Non se pode evitar que ataque os dereitos naturais dos demáis e existe o perigo de excederse e ser arbitrario ou parcial na defensa dos dereitos propios cando estes son violados
Que idea defende Locke con respecto ao ámbito relixioso?
Separación do ámbito político do relixioso.
O estado só debe garantir o dereito á liberdade relixiosa