Contexto
Alienación
Materialismo histórico
Crítica teoría económica
100

Onde e cando nace Karl Marx?

En Tréveris, Alemaña, en 1818

100

Que concepción ten o traballo na filosofía de Marx?

É a esencia do ser humano e a través del pode realizarse

100

Cal é a tese básica do materialismo histórico?

En todas as épocas históricas son as condicións materiais e económicas as que determinan o modo de pensar

100

Se un capitalista paga un salario de 1000 euros e ao final de mes obtén pola venda das mercadorías producidas polo traballador 5000 euros, canto é a plusvalía?

4000 euros

200

Nome do colaborador e amigo de Marx co que escribe varias obras e título dunha desas obras

Friedrich Engels, co que escribe O manifesto comunista ou A ideoloxía alemá

200

Cal é a etimoloxía da palabra alienación e que significa?

Provén do latín alienus e significa alleo, estraño, outro

200

Que é un modo de produción e que niveis existen nel?

Un modo de produción é unha forma de organizar a actividade produtiva. 

Está composto de 2 niveis: infraestrutura ou estrutura económica e superestrutura ou estrutura ideolóxica

200

Cal é a mercadoría que produce plusvalía?

A forza de traballo

300

Cales son as tres principais fontes do pensamento de Marx?

O idealismo alemán de Hegel, a teoría económica inglesa e o socialismo francés

300

Que filósofos tiñan empregado con anterioridade a Marx o concepto de alienación e en que sentido?

Hegel e Feuerbach ( para aplicarllo a deus e a relixión)

300

A que lle chama Marx "falsa conciencia"?

Ao feito de que a ideoloxía dominante é unha representación deformada ou falseada do mundo de acordo cos intereses da clase dominante

300

Que é o tempo de traballo engadido?

O tempo da xornada laboral na que o traballador segue creando plusvalía, porque xa creou un valor equivalente ao seu salario

400

Cal é o obxectivo da filosofía de Marx e por que?

Transformar o mundo,  polas inxustizas derivadas do capitalismo e a revolución industrial

400

Cal é o tipo de alienación máis importante e en que aspectos se reflicte?

A alienación económica, que se reflicte con respecto ao produto do traballo, ao propio traballo e con respecto aos outros seres humanos

400

De que niveis está formada a superestrutura e que elementos inclúen cada un destes niveis?

A superestrutura está formada pola estrutura xurídico-política ( Dereito e Estado) e a ideoloxía (arte, relixión, filosofía, moral, teoría económica...)

400

Como se crea a plusvalía absoluta e a plusvalía relativa?

A plusvalía absoluta aumentando a xornada laboral e a plusvalía relativa incrementando a produtividade sen prolongar a xornada laboral

500

Nomea 3 obras escritas por Marx en solitario

Manuscritos de economía e filosofía, A miseria da filosofía, O capital

500

Que outros tipos de alienación causa a alienación económica? En que consiste cada un deles?

alienación relixiosa ( a relixión é un produto humano que se acaba impoñendo como unha realidade obxectiva que proxecta as ilusións nunha vida no máis alá) e a alienación socio-política ( o estado é un instrumento ao servizo da clase dominante, que aparenta representar os intereses xerais)

500

Cales son os compoñentes da estrutura económica dun modo de produción e estes, á súa vez, de que elementos se compoñen?

As forzas produtivas (que engloban os medios de produción e a forza de traballo) e as relacións de produción (de explotador e explotado, que son o burgués e o proletario, respectivamente no modo de produción capitalista) 

500

Pode crearse plusvalía relativa no tempo de traballo necesario? 

Non, no tempo de traballo necesario o traballador crea o valor equivalente ao valor da súa forza de traballo

M
e
n
u