OS ANIMAIS E AS FUNCIÓNS VITAIS
TIPOS DE ANIMAIS
OS BENEFICIOS DOS ANIMAIS
A GANDARÍA
100
Como se clasifican os animais segundo a alimentación?
Carnívoros, preeiros, herbívoros, omnívoros e detritívoros.
100
Como podemos clasificar os animais?

En vertebrados e invertebrados.

100
Que alimento obtemos dos animais?

Carne, leite, ovos, xelatina ou queixo.

100
Que é a gandaría?
É a cría e coidado de animal domésticos para obter produtos deles.
200

Como se relacionan co medio os animais?

Os animais reciben información do que os rodea mediante os órganos dos sentidos. Estes envían a información ao cerebro para que a interprete e dea unha resposta adecuada.

200

Cales son as características máis importantes dos vertebrados?

1. Teñen un esqueleto interno formado por ósos. A peza central dese esqueleto é a columna vertebral. 

2. O seu corpo divídese en cabeza, tronco e rabo. Do tronco saen as extremidades.

200

Explica o que é o coiro e para que se emprega.

O coiro é a pel tratada con curtintes para obter un material moi flexible e resistente. Emprégase para fabricar abrigos, chquetas, zapatos, maletas, carteiras...

200

Explica os tipos principais de gandaría.

1. Gandaría extensiva: os animais viven en espazos grandes e aliméntanse do que encontran na naturerza ou de cultivos que se prepararon para eles.

2. Gandaría intensiva: Os animáis críanse en granxas ou en cortes e aliméntanse con pensos, que son alimentos preparados para eles.

300

Como é a reprodución dos animais?

A maioría dos animais teñen reprodución sexual. Segundo a forma de reproducirse, os animais divídense en ovíparos e vivíparos.

1. Ovíparos: son aqueles que teñen crías que nacen dun ovo, como as aves, os insectos e os peixes.

2. Vivíparos: as súas crías nacen do ventre da nai, como os mamíferos.

300

Cales son as características máis importantes dos invertebrados?

1. Non posúen ósos nin columna vertebral. 

2. Os que se reproducen secualmente son ovíparos.

3. Teñen distintos tipos de extremidades: patas, ás, ou incluso ningunha.

4. Algúns teñen cunchas.

300

Que outros beneficios nos proporcionan os animais?

Compañía, defensa e ocio.

300
Cal é a diferencia entre gando bovino e gando ovino?

No gando bovino críanse vacas mentres no gando ovino críanse ovellas.

400

Cal é a diferencia entre carnívoros e preeiros?

Os carnívoros aliméntanse doutros animais mentres que os preeiros son un tipo de carnívoros que se alimentan de cadáveres de animais.

400

Cantos grupos de vertebrados atopamos?

Hai cinco grupos de vertebrados: mamíferos, aves, réptiles, anfibios e peixes.

400

De que animal obetemos a la?

Da ovella. A súa la é a mais empregada.


400

Cal é a diferencia entre gando caprino e gando porcino?

No gando caprino críanse cabras mentres no gando porcino críanse porcos.

500

Cal é a diferencia entre herbívoros e detritívoros?

Os herbívoros aliméntanse de plantas mentres que os detritívoros aliméntanse dos restos doutros seres vivos como a follaxe.

500

Pon cinco exemplos de invertebrados.

Exponxa, medusa, crustáceo, molusco e verme.

500

Antigamente a caza era vital para a procura de alimentos, hoxe en día como se obtén os alimentos?

Por medio da gandaría e a pesca.

500

A partir de que animal ou animais se obteñen os seguintes produtos?

1. Chourizo

2. Leite

3. Ovos

4. La

1. Os chourizo elabórase coa carne de porco.

2. O leite obtense principalmente da vaca pero tamén da cabra.

3. Os ovos obtéñense das galiñas, pero tamén da avestrux e doutras aves.

4. A la obtense da ovella, da cabra de Caxemira ou da alpaca.

M
e
n
u