Cantos océanos hai no mundo?
Cinco
Que nome reciben as ondas xigantes provocadas por terremotos ou erupcións volcánicas baixo o mar?
Tsunamis ou maremotos
Que porcentaxe da superfície da Terra ocupan os océanos?
71%
Cal é a especie máis capturada pola frota pesqueira española?
A sardiña
Como se chama a mala da película de Disney A Pequena Sereia?
Úrsula
Que océano baña as costas do leste de América?
O Océano Atlántico
3 (dous de hidróxeno e un de osíxeno)
Cal é a profundidade media dos océanos terrestres? 39, 390, 3 900 ou 39 000 metros?
3 900 metros
Nomea dous exemplos de cetáceos
balea, delfín, cachalote, candorca (orca), toniña (marsopa)…
Nome do comandante do submarino Nautilus na novela Vinte mil leguas baixo dos mares de Jules Verne
Nemo
Que océano baña as costas do oeste de Australia?
O Océano Índico
Que mar ten a auga máis salgada do mundo?
O Mar Morto
Dos 8 millóns de toneladas de residuos plásticos que acaban cada ano nos océanos, que porcentaxe son ‘microplásticos’?
O 25%
Como se chama o conxunto de microorganismos mariños autótrofos -que producen os seus propios nutrientes-?
Fitoplancto
Nome de pía do director da película 'Titanic' de 1997 que obtivo 11 premios Oscar: _____ Cameron
James
Que mar se atopa entre Grecia e Turquía?
O Mar Exeo
A cantas atm -atmosferas- equivale a presión que exerce a atmosfera terrestre ao nivel do mar?
1
O Mediterráneo ten a amplitude de marea máis baixa do planeta. Canto mide?
1 metro
Como se chaman as tartarugas mariñas máis grandes, que chegan a pesar 600 quilos?
Tartarugas laúde
Apelido do autor estadounidense que escribiu O vello e o mar en 1951: Ernest...
Hemingway
O punto máis profundo coñecido dos fondos mariños -10 924 metros- está nas Fosas Marianas no Océano Pacífico. Como se chama?
Abismo de Challenger
Nos océanos hai dúas capas, unha superficial de auga temperada e, por debaixo, outra onde a temperatura baixa rapidamente. Que nome recibe o límite entre as dúas capas?
Termoclima
Cantas correntes oceánicas hai?
28
Que nome recibe o capítulo (parte superior) do percebe?
Uña
Quen é o autor da coñecida obra chamada A grande onda de Kanagawa?
Hokusai