Que é a paisaxe?
É o aspecto que ten a superficie terrestre desde un lugar.
Como son os elementos naturais da paisaxe de interior?
Destacan as chairas de Meseta Central e a depresión do Ebro.
Como son os elementos naturais na paisaxe atlántica?
Destacan o relevo montañoso, con vales entre montañas, e as costas acantiladas, entre as que pode haber praias.
Por que hai paisaxes diferentes?
En cada paisaxe distínguense elementos naturais, como as formas do relevo, a vexetación e as augas. Nalgunhas paisaxes tamén hai elementos feitos polas persoas, como as vías de comunicación, os cultivos e as construccións.
Como son os elementos naturais da paisaxe mediterránea?
Destacan as chairas costeiras, separadas por montañas, e a depresión do Guadalquivir.
Como son os elementos naturais da paisaxe canaria?
O arquipélago canario ten un relevo volcánico. As illas que están situadas ao oeste son máis montañosas ca as do leste.
Que é a deforestación?
É a corta excesiva de árbores para aproveitarlles a madeira ou para cultivar o terreo.
Como é o clima da paisaxe de inteior?
O seu clima mediterráneo de interior carcaterízase por poucas chuvias e temperaturas extremas entre o verán e o inverno.
Como é a vexetación da paisaxe atlántica?
A vexetación está formada por prados e bosques, é abundante porque teñen clima oceánico con chuvias frecuentes.
Como se deterioran as paisaxes?
Algunhas formas de deterioración das paisaxes son: deforestación, contaminación e a construcción excesiva.
Como é o clima das paisaxes mediterráneas?
No seu clima destaca a seca estival e mais as temperaturas suaves do clima mediterráneo de costa.
Explica a actividade humana na paisaxe atlántica.
En moitos casos substituíronse os bosques naturais de carballos e faias por eucaliptos e piñeiros.
Como se pode evitar a deterioración para conservar a paisaxe?
Establecer leis e normas e declara espazos protexidos.
Indica as actividades humanas no paisaxe de interior e mediterráneo.
Paisaxe de interior: transformouse pola agricultura e gandaría.
Paisaxe mediterránea: transfourmouse pola agricultura como pola industria e polo turismo.
Explica a actividade humana da paisaxe canaria.
As súas paisaxe transformáronse moito, fixéronse socalcos e o turismo sobre todo na zona de costa.