CONTEXTO
Tª da REALIDADE
Tª do COÑECEMENTO
ANTROPOLOXÍA
Tª POLÍTICA
100

Platón nace en Atenas no 447 a. C. e morre no 327 a. C. 

Incorrecto. Nace no 427 e morre no 347 a.C.

100

Definición de dualismo ontolóxico

A consideración de que existen dúas realidades: O mundo das Ideas, tamén chamado mundo intelixible, e máis o mundo sensible

100

Que formas de coñecemento concibe Platón?

 Defende a existencia de dous niveis fundamentais de coñecemento: a opinión (doxa) e a ciencia (episteme).

100

Definición de dualismo antropolóxico

A teoría que sostén que o ser humano está composto de dúas partes perfectamente diferenciadas: o corpo e a alma.

100

Criterio que segue Platón para a división das clases sociais

 A pertenza a unha ou outra clase social vén determinada polas aptitudes ou capacidades naturais que cada un teña

200

Cal é o obxectivo último da filosofía platónica e por que?

Acadar o estado xusto porque lle interesa a política pero viuse decepcionado polos gobernos da súa polis, Atenas

200

Que relación hai entre as ideas e as cousas sensibles?

As cousas sensibles copian, imitan ou participan das ideas correspondentes

200

En que consiste a teoría da reminiscencia?

 Platón vai afirmar que o coñecemento auténtico, o saber, non é máis ca recordo, reminiscencia. A alma habita no mundo intelixible antes de se unir ao corpo físico e alí contempla directamente as Ideas e cando se xunta ao corpo no mundo sensible leva consigo todo o coñecemento adquirido pero ao entrar nun corpo material as Ideas quedan ocultas, esquecidas, aínda que permanezan en nós de xeito innato.  Esta estancia da alma no mundo verdadeiro e o conseguinte coñecemento das Ideas é a que fai posible que concibamos o coñecemento como unha reminiscencia, unha lembranza que facemos do que alma coñeceu antes de se encarnar nun corpo.

200

Cal é a relación entre corpo e alma?

A unión da alma ao corpo é unha unión accidental, incómoda e transitoria, xa que son dúas realidades plenamente distintas e a alma aspira a liberarse do corpo, no que se sente atrapada, para voltar ao mundo das ideas

200

Que clases sociais establece Platón?

Produtores, gardiáns e gobernantes

300

Como se chama a escola que funda Platón e que filósofo se forma nela?

A Academia. O filósofo é Aristóteles

300

Cal é a función do Demiurgo?

É o divino artesán que está entre o mundo sensible e o intelixible e, movido pola súa sabedoría, decide crear o mundo sensible tomando como modelo ás Ideas

300

Nivel de coñecemento no que se atopa o prisioneiro liberado no mito da caverna cando ve as figuras que producían os reflexos na parede

Crenza

300

En que consiste a teoría da purificación da alma? Que filósofo inspira esta teoría?

A alma séntese presa no corpo ao que está suxeita e desexa liberarse del,  xa que ansía voltar ao mundo das Ideas, do cal procede  e adicarse á súa actividade máis propia que é a contemplación das Ideas. Isto tenta conseguilo mediante un proceso de purificación do material. É o corpo o que corrompe a alma coas súas baixas paixóns a as súas necesidades, de aí a necesidade de dominalo e o desexo de liberarse del. Por iso procura levar unha vida o mellor e máis pura posible, afastándose dos vicios e paixóns do corpo para deste xeito sentirse máis próxima á pureza do mundo intelixible.

Pitágoras

300

Con que funcións da alma se identifica cada grupo social e que virtude ten cada unha?

Produtores coa función concupiscible. Moderación

Gardiáns coa función irascible. Valor

Gobernantes coa función racional. Sabedoría

400

Períodos nos que se dividen os diálogos platónicos

Socráticos, de transición, de madurez e de vellez ou críticos

400

Que autores presocráticos inflúen en cada unha das realidades que concible Platón? En que aspectos?

Parménides no mundo intelixible. Cada Idea ten as características do ser de Parménides: son absolutas, eternas, inmutables, intelixibles (só se captan pola razón).

Heráclito no mundo sensible. As cousas son xerables e perecedoiras, sensibles e sometidas ao cambio permanente, posto que nacen, envellecen e morren. Presentan, pois,  os trazos que Heráclito atribuía á natureza.

400

En que consiste a dialéctica e que momentos ten?

Para chegar ao coñecemento pleno teremos que seguir un camiño, un método que consiste en ir ascendendo polos diversos graos de coñecemento, pasando por todos e cada un deles.  

Este é o método dialéctico no momento ascendente pero tamén é descendente.

400

Cando alcanza o individuo a xustiza na súa alma?

Cando se dan as virtudes correspondentes a cada función da alma, así estará en harmonía ou equilibrio.

400

Que papel ten a educación na teoría política de Platón?

A educación é o que permite formar aos defensores e, de entre eles, aos gobernantes como tales, atendendo aos seus dotes naturais.

 Así os gobernantes serán instruídos na procura do coñecemento verdadeiro para chegar gobernar xustamente

500

Título dunha obra de cada un dos períodos nos que se dividen os diálogos platónicos

Protágoras,Critón, Apoloxía de Sócrates (socrát) 

 Gorxias, Menón e Crátilo ( transición)

 O Banquete, Fedón, Fedro, República (madurez)

Teeteto, Parménides, Sofista, Timeo (críticos)

500

Que está no cumio da xerarquía das ideas e que está na base?

No cumio está a idea de Ben e na base están as ideas de cousas e seres naturais

500

Cales son os graos de coñecemento e que se coñece en cada un deles?

A imaxinación (eikasía): permite ver imaxes, reflexos ou sombras distorsionadas das cousas que existen no mundo sensible.

A crenza (pistis): permite coñecer as cousas do mundo sensible propiamente dito.

O pensamento discursivo (dianoia): é o primeiro dos graos de coñecemento que nos proporciona auténtico saber. É o coñecemento  propio das matemáticas.

A intuición intelectual (noesis) é o grao de coñecemento máis elevado. Consiste na captación inmediata das Ideas usando a nosa intelixencia.

500

Funcións da alma e virtude de cada unha

Racional, coa virtude da sabedoría ou prudencia.

Irascible, coa virtude da fortaleza ou valor.

Concupiscible, coa virtude da moderación ou temperanza.

500

Por que fala Platón do filósofo-rei?

Porque os filósofos son os únicos que acceden ao coñecemento da Idea de Ben e, polo tanto, eles son os únicos capaces de gobernar axeitadamente, posto que son os que contemplan esa Idea poden dirixir con xustiza a súa vida privada e a dos demais

M
e
n
u