Como sabemos que dous organismos pertencen a especies diferentes?
Serán de especies diferentes se ao cruzalos non teñen descendencia ou ben a súa descendencia non é fértil.
Cal das seguintes opcións é un nome científico?
- canis lupus
- Can
- Canis lupus
Canis lupus
Que reino é exclusivamente PROCARIOTA?
O Reino MONERA
Como é a nutrición das plantas?
É autótrofa
Que nome recibe o científico que elaborou a teoría da evolución e en que século publicou a súa obra?
Charles Darwin publicou "A orixe das especies" no século XIX
Que nome recibe o científico considerado o pai da taxonomía? En que século publicou a súa obra?
Carl von Linneo no século XVIII.
Cal dos seguintes reinos contén organismos AUTÓTROFOS?
- Protoctista
- Fungos
Reino protoctista
Unha das características dos animais é que teñen a capacidade de desplazarse. V/F?
Falso. Non todos os animais poden desplazarse. Exemplo: esponxas, anémonas, percebes,...
Explica a aparición de boloboretas oscuras (Biston betularia) despois da revolución industrial empregando os termos:
VARIABILIDADE, SELECCIÓN NATURAL, ADAPTACIÓN AO MEDIO
Existe unha gran variabilidade na poboación de bolboretas. Durante a Revolución industrial produciuse un cambio no ambiente (carbonilla na codia das árbores) de forma que aquelas bolboretas que non destacaban estaban mellor adaptadas ao medio e transmitiron estas características á descendencia. Sufrindo un proceso de selecc. natural.
Ordea as seguintes categorías taxonómicas:
Orde, Especie, Clase, Familia, Reino, Xénero e Filo
Reino, Filo, Clase, Orde, Familia, Xénero e Especie
Explica como é a nutrición do reino dos fungos:
Son heterótrofos, con dixestión externa. Teñen unha función moi importante nos ecosistemas xa que son os encargados de descompoñer a materia orgánica.
Atopa o intruso:
- Plantas acuáticas
- Musgo
- Algas
- Carballo
Todas pertencen ao reino vexetal excepto as ALGAS.
Se cortamos a cola de 200 xeracións de ratos... os seus descendentes nacerán con cola ou sen ela? Razoa a resposta.
Nacerán con cola, xa que os caracteres adquiridos non se poden herdar. Unicamente herdamos a información xenética presente nos gametos.
Que especies son máis similares desde o punto de vista evolutivo?
- Aquelas que comparten a mesma FAMILIA
- Aquelas que comparten a mesma ORDE
Aquelas que comparten a mesma FAMILIA
Cal/cales dos seguintes reinos poden ser pluricelulares sen tecidos?
MONERAS, PROTOCTISTAS, FUNGOS, PLANTAS, ANIMAIS
PROTOCTISTAS E FUNGOS,
Que características comparten os animais e as plantas?
Son eucariotas e pluricelulares con tecidos.