a) Que tipo de receptores ten o sentido do oído?
b) Que estímulo os activa?
a) Mecanorreceptores
b) Vibración
O sistema nervioso central está formado por...
o encéfalo e a médula espinal.
O impulso nervioso viaxe en forma de corrente elecéctrica pola membrana da neurona desde as ______________ (1) ata o ____________ (2).
Os _____________ (3) son as moléculas que son segregadas desde os ________________ (4) dunha neurona presináptica ao espacio sináptico durante unha sinapase.
O im
1. dendritas
2. axón
3. neurotransmisores
4. botóns terminais
Que é unha hormona?
É unha substancia química liberada polas glándulas endócrinas ao medio extracelular e de ahí ao sangue distribuíndose por todo o organismo.
Aquelas persoas que non distinguen todas as cores debido á falta dalgún tipo de cono dise que son...
daltónicas.
Explica de forma completa por que non podemos ver cores na escuridade.
Cando a intensidade de luz é baixa só se estimulan os BASTÓNS, que proporcionan unha visión en blanco e negro.
Os CONOS (fotorreceptores que permiten ver cores) precisan unha maior intensidade de luz para ser estimulados.
Completa a frase: O _________ (1), o _____________ (2) e o ____________ (3) forman o _____________.
O cerebro, o tronco encefálico e o cerebelo forman o encéfalo.
O sistema encargado de coordinar accións involuntarias e inconscientes xa que únicamente inerva músculatura lisa, cardíaca e glándulas é o...
Sistema nervioso autónomo
Por que as hormonas actúan sobre uns tecidos determinados, pero non sobre outros?
As hormonas únicamente poderán unirse a aquelas células que teñan un RECEPTOR ESPECÍFICO, é dicir, uniranse ás súas células diana.
Aquelas persoas que sufren unha destrucción lenta e progresiva da mielina que recobre os axóns dalgunhas neuronas, provocando que non se transmita o impulso nervioso e causando unha perda progresiva de movilidade, perda de visión, etc, dise que teñen...
esclerose múltiple.
Por que cando estamos arrefriados a comida nos sabe diferente? Explícao de forma completa.
O sabor é unha sensación conxunta producida pola transmisión ao cerebro da información captada tanto polos receptores do gusto coma do olfacto.
Cando estamos arrefriados non se estimulan da mesma forma as neuronas sensitivas do olfacto e polo tanto non obtemos a mesma sensación.
Que nome recibe a médula espinal a partir da 2ª vértebra lumbar?
Cola de cabalo
Relaciona as seguintes estruturas:cerebro, cerebelo,médula espinal, tronco encefálico,
Coa súa función:
1) Equilibrio e de manter a postura:
2) Regular certas funcións automatizadas (respiración, actividade cardíaca, vómito, tos, deglución,…):
3) Funcións avanzadas (pensamento, memoria, intelixencia, consciencia, vontade, creatividade):
4) Función reflexa:
1) Equilibrio e de manter a postura: cerebelo
2) Regular certas funcións automatizadas (respiración, actividade cardíaca, vómito, tos, deglución,…): tronco encefálico
3) Funcións avanzadas (pensamento, memoria, intelixencia, consciencia, vontade, creatividade): cerebro
4) Función reflexa: médula espinal
a) Que é unha glándula endócrina?
b) Pon 4 exemplos.
a) Son órganos especializados na secreción de hormonas directamente ao sistema circulatorio.
b) hipófise, pineal, tiroide, paratiroide, suprarrenal, ovario, testículo, páncrea.
Unha alta producción da hormona do crecemento pode producir...
xigantismo.
Por que temos un punto cego no ollo? Explícao de forma completa
Existe un punto na retina no que non hai fotorreceptores, porque é o lugar no que o nervio óptico sae do ollo para dirixirse ao cerebro. Polo tanto nese punto concreto non podemos ver.
Indica cales son as estruturas recoñecibles nunha neurona:
1. Soma (corpo neuronal)
2. Núcleo
3. Dendritas
4. Axón (normalmente recuberto de mielina)
5. Botóns terminais
Explica da forma máis completa posible como se produce un ACTO REFLEXO polo sistema nervioso somático:
1. órganos dos sentidos (ESTÍMULO)
2. nervios sensitivos do SNP
3. médula espinal (neurona de asociación elabora unha resposta motora)
4. Nervios motores
5. Órgano efector (músculos)
a) Que nome recibe a hormona que regula os ciclo soño-vixilia?
b) Como funciona?
a) Melatonina
b) É segregada pola glándula pineal en ausencia de luz (pola noite) inducindo o soño reparador.
A inflamación das membranas (meninxes) que envolven e protexen o encéfalo e a medula espiñal (normalmente a causa dunha infección) recibe o nome de...
meninxite.
Indica cal é a orde correcta para percibir un estímulo luminoso:
a) Córnea - pupila - cristalino - humor vítreo - retina -nervio óptico - cerebro
b) Cristalino - pupila - córnea - humor vítreo - retina -nervio óptico - cerebro
c) Cristalino - pupila - humor vítreo - córnea - retina -nervio óptico - cerebro
OPCIÓN A
Dependendo da súa orixe podemos distinguir 12 pares de nervios _______ (saen da base do cranio) e 31 pares de nervios __________ (saen da médula espinal).
Dependendo da súa función podemos distinguir nervios __________ (van dos receptores ao SNC) e nervios __________ (van do SNC aos efectores).
craniais / raquídeos
sensitivos / motores
Explica da forma máis completa posible como se produce un ACTO VOLUNTARIO polo sistema nervioso somático:
1. órganos dos sentidos (ESTÍMULO)
2. nervios sensitivos do SNP
3. médula espinal
4. encéfalo (elabora unha resposta motora)
5. médula espinal (resposta viaxa como impulso nervioso)
6. Nervios motores
7. Órgano efector (músculos)
a) Que nome recibe a hormona que é segrega polo páncreas?
b) Como funciona?
a) Insulina
b) Cando a concentración de azúcar en sangue é alta, o páncreas segrega insulina, permitindo que o azúcar pase ao interior celular en aquelas células que teñen receptor para insulina. Desta forma a mitocondria obtén o seu combustible.
Cando o páncreas produce pouca insulina polo que a concentración de azúcar en sangue elévase moito despois das comidas, dise que persoa ten...
diabetes.