POESÍA
Cantos versos ten esta estrofa?
Corre, lebre; corre, lebre,
e fuxe pró teu burato
onde te está agardando,
con impaciencia, o lebrato.
4 versos.
Explica para que serve estes obxecto:
ARQUIVO
Lugar para gardar todo tipo de documentación.
No caso das bibliotecas, documentación sobre libros, revistas, vídeos...
Que é un substantivo?
Unha palabra para nomear personas, animais, obxectos, sentimento ou ideas.
O seseo.
- Narrativo.
- Lírico.
- Dramático.
A quen se dirixe o poema?
Meniño gaiteiro,
non toques a gaita.
Vai frío no ceo.
Vai frío na praza.
A un meniño gaiteiro.
Que é o ANDEL?
Cada un dos espazos dun estante onde podemos colocar os libros.
Cal é a diferencia entre un substantivo individual e colectivo?
Individual: designa un só obxecto en singular.
Colectivo: desinga en singular un conxunto de obxectos.
A que fenómeno da fala pertencen estas palabras:
*ghota
*seghundo
Gheada.
En que xénero predomina o papel do narrador?
No narrativo.
Nun poema os versos compoñen...
Estrofas.
Un dicionario normativo, que tipo de dicionario é?
Dicionario xeral.
Clasifica o substantivo mesa.
Común, individual, concreto e contable.
Cal destas palabras está ben escrita:
- ghaita.
- ghaliña.
- sapato.
- sentido.
- Sentido.
En que xénero literario incluirías este título?
Antoloxía poética de Rosalía de Castro.
Lírico, por ser un conxunto de poemas.
Os poemas principalmente teñen estrofas e...
Versos.
Cita tres dicionarios específicos.
Mediciña. Zooloxía.
Xurídico. Nomes.
Botánica. Arte.
Clasifica o substantivo Madrid?
Propio.
Fai unha frase que teña un seseo e unha gheada.
Resposta libre.
En que xénero as persoaxes están representados por actrices/actores?
No dramático.
Que é unha metáfora?
Presentar com indénticas dúas palabras distintas, pero que teñen para o autor ou autora certa semallanza no significado.
O sol é como a lanterna da terra.
Que dicionario usarías para atopar unha palabra similar a estante?
Dicionario de sinónimos e antónimos.
Cal destes substantivos é un epiceno?
- Gato.
- Touro.
- Escorpión.
- Cabalo.
- Escorpión.
Que fenómeno da fala é maioritario?
A gheada.
En que xénero literario incluirías cestes título?
A comedia de Xulio e Xulia.
No dramático por ser unha obra de teatro.