OS GRUPOS DE PLANTAS
A NUTRICIÓN DAS PLANTAS
A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS
A AGRICULTURA
100

Cal é a diferencia entre as plantas con flores e as plantas sen flores?

As plantas con flores reprodúcense mediante sementes e as plantas sen flores non producen flores nin sementes.

100

En que se diferencia a nutrición das plantas da dos animais?

As plantas diferéncianse dos animais en que non necesitan tomar alimento para realizar a función de nutrición, posto que son capaces de fabricar os seus propios alimentos.
100

Cal é a diferencia entre reprodución sexual e asexual?

Na reprodución sexual intervñen dúas plantas mentres que na reprodución asexual intervén unha soa planta.

100

Que é a agricultura?

É a actividade que consiste no cultivo da terra para obter produtos de orixe vexetal, chamados produtos produtos agrícolas.
200

Como se clasifican as plantas con flores e sen flores?

Plantas con flores: as anxiospermas e as ximnospermas.

Plantas sen flores: Os musgos e os fentos.

200

Como se chama o proceso polo cal as plantas fabrican o seu propio alimento?

Fotosíntese.

200

Cales son as partes dunha flor?

Estames, pétalos, pistilo e sépalos.

200

Que produtos se poden obter da agricultura?

alimentos, materias primas e alimento para o gando.

300

Indica un exemplo de anxiospermas.

Rosa, aciñeiras, castiñeiro, maceira, lavanda, trigo e o trevo.

300

Que procesos realizan as plantas durante o día? e durante a noite?

Durante o día: fotosíntese e respiración.

Durante a noite: repiración.

300

Que atopamos nos estames?

O pole.
300

Adivina a labor agrícola.

Consiste en remover a terra co arado para aireala e formar regos.

ARAR

400

Indica un exemplo de ximnospermas.

Exemplos: ciprés, abeto, piñeiro, cedro, cimbre e o teixo.

400

En que momento producen osíxeno?

As plantas producen osíxeno na fotosíntese.

400

Que forman o conxunto de sépalos?

Cáliz

400

Adivina a labor agrícola.

Mentres a planta está medrando pódese pulverizar algún insecticida que evite a aparición de pragas e insectos.

Fertilizar.

500

Cal é a diferencia entre anxiospermas e ximnospermas?

As anxiospermas teñen flores vistosas e producen froito que conteñen sementes, mentres que as ximnospermas teñen flores pouco vistosas e non producen froito e as súas sementes fórmanse en piñas.

500

Como é o proceso polo que as plantas fabrican o seu propio alimento?

1. A través da raíz a planta absorbe auga e sales minerais.

2. A mestura de auga e sales minerais forma o zume bruto que ascende polo talo.

3. As follas toman dióxido de carbono do aire e mestúrase coa luz solar e tranfórmase en zume elaborado. (fotosíntese) Neste proceso expulsan osíxeno.

4. Finalmente o zume elaborado repártese por toda a planta.

500

Cales son os tipos de reprodución asexual? Indica un exemplo de cada un deles.

Estolóns: amorodo e cinta.

Rizomas: lirios e xenxibre.

Bulbos: cebola e tulipán.

Tubérculos: pataca e mandioca.

500

Adivina a labor agrícola.

Córtase certas ramas para favorecer o crecemento do resto da planta.

PODAR