Como se chama a galaxia na que se atopa o Sistema Solar, e polo tanto o planeta Terra?
Vía Láctea
Que nome recibe a envoltura gasosa que rodea a Terra e a protexe?
Unha poboación é a agrupación de todos os seres vivos dun ecosistema que pertencen a mesma especie.
Cales son os niveis tróficos nos que se clasifican os seres vivos?
Produtores, consumidores e descompoñedores
Cales son os tres tipos de ecosistemas naturais?
Terrestre, acuático e mixto
Segundo a distancia ao Sol, que lugar ocupa a Terra no Sistema Solar?
Ocupa a terceira posición, por detras de Mercurio e Venus.
Cales son as esferas ou capas nas que se pode dividir a Terra?
Atmosfera, Biosfera, Hidrosfera e Xeosfera
Nomea os tres compoñentes principais dos ecosistemas
Os seres vivos, o medio físico e as relacións que se establecen entre eles
Que tipo de consumidores existen? Explícaos brevemente.
Consumidores primarios: aliméntanse directamente dos produtores, son hervíboros.
Consumidores secundarios: aliméntanse directamente dos consumidores primarios, son carnívoros.
Consumidores terciarios: aliméntanse directamente dos consumidores secundarios, son carnívoros. Neste grupo están os chamados depredadores.Que se entende por flora?
A flora é o conxunto de especies vexetais dun ecosistema determinado.
Cal é a distancia da Terra ao Sol?
150 millóns de quilómetros (km)
Nomea as dúas capas principais que interactúan no seguinte suposto:
O vento dispersa as sementes do piñeiro para que novas plantas poidan medrar
Interactúan a atmosfera e a biosfera
O conxunto de plantas dun xardín considérase poboación, comunidade ou ecosistema?
Comunidade, porque nun xardín atopamos diferentes especies vexetais.
A que nivel trófico pertence o león?
O león sería un consumidor secundario, xa que se alimenta directamente dos primarios.
Nomea un exemplo de ecosistema terrestre, outro de ecosistema acuático e outro de ecosistema mixto.
Ecosistema Terrestre: bosque, pradaría
Ecosistema acuático: Lagoa, poza
Ecosistema mixto: litoral, humidais
Cales son os planetas rochosos do noso sistema solar? (Nomea polo menos 3)
A Terra, Mercurio, Venus e Marte
Cal é a función do campo magnético da Terra?
O campo magnético desvía o vento solar, un fluxo de partículas que proveñen do Sol e que destruirían a capa de ozono.
Ordena os seguintes elementos de menos a maior grao de complexidade:
Comunidade, especie, ecosistema, biosfera, poboación
especie < poboación < comunidade < ecosistema < biosfera
Os organismos que se alimentan dos restos de materia orgánica transformándoos en materia inorgánica que poderá volver a ser utilizada reciben o nome de...
Descompoñedores
Que características fan posible que na Terra se poida desenvolver a vida?
- Distancia adecuada respecto ao Sol
- Existencia de atmosfera
- Presenza de auga nos tres estados
- Existencia dun campo magnéticoQue dúas características fan que a temperatura do noso planeta sexa duns 15ºC?
A distancia que separa a Terra e o Sol e os gases de efecto invernadoiro que hai na atmosfera.
Di un exemplo de especie, poboación, comunidade e ecosistema.
Resposta libre
Cal é a diferencia entre unha cadea e unha rede trófica?
Ambas serven para representar as relacións alimentarias dun ecosistema.
As cadeas tróficas son secuencias lineais con un representante de cada nivel trófico; mentres que as redes tróficas están formadas por varias cadeas interconectadas.
Son consumidores terciarios a mofeta, a serpe e o voitre.