Xeral
Nutrición I
Nutrición II
Relación
Reprodución
100

Que tipo de células teñen os animais?

Células eucariota animal

100

Que dous tipos de tubo dixestivo existen?

Con glándulas ou sen glándulas

100

Como se chama a circulación na que o sangue nunca abandona os vasos sanguíneos

Circulación pechada

100

Que tipo de estímulo detecta un fotorreceptor?

Luz

100

Que é a fecundación?

A unión do espermatozoide e do óvulo para dar lugar a un cigoto

200

Como é a nutrición dos animais

Heterótrofa

200

Como se alimentan os animais que non teñen aparato dixestivo?

Por intercambio directo co medio en células especializadas

200

A que corresponde esta definición?: dous órganos esponxosos en forma de saco que permiten o intercambio gasoso en vertebrados terrestres.

Pulmóns

200

Que tipo de receptor é a liña lateral?

Mecanorreceptor

200

Como se chama un individuo que presenta dous tipos de gónadas?

Hermafrodita

300

Con respecto ó número de células, como son os animais?

Pluricelulares

300

Que é a cavidade gastrovascular? En que grupo de animais aparece?

Unha estrutura en forma de saco na que o alimento entra e sae polo mesmo orificio. Presente en cnidarios

300

Que son uns filamentos finos que filtran o auga captando o osíxeno que hai nela?

As branquias

300

Que é unha neurona?

Células do sistema nervioso que reciben e transmiten información

300

Cales son as gónadas masculinas e que gametos producen?

Gónadas: Testículos

Gametos: Espermatozoides

400

Que dous tipos de simetría existen?

Bilateral e radial

400

Que dúas estruturas respiratorias presentan os individuos que toman o osíxeno do aire?

Pulmóns e tráqueas (en insectos)

400
Como se chama o líquido circulante que corre polos vasos sanguíneos de insectos?

Hemolinfa

400

Que dous tipos de órganos efectores existen?

Músculos e glándulas

400

Explica a diferenza entre ovíparo e ovovivíparo

Nos ovíparos o embrión desenvólvese nun ovo fora do corpo da nai, nos ovovivíparos os ovos permanecen no interior da nai ata o momento da eclosión.
500

Que é o exoesqueleto?

Unha especie de armazón externo que posúen algúns invertebrados coma os artrópodos

500

Como se chaman as estruturas excretoras dos insectos?

Tubos de Malpighi

500

Explica que é a circulación aberta

Un tipo de circulación na que o líquido circulante abandona os vasos sanguíneos

500

Cal é a función das glándulas do sistema endócrino?

Producir hormonas

500

Explica en que consiste a fecundación externa

A femia pon os óvulos no medio externo e o macho deposita os espermatozoides sobre eles, de forma que a fecundación ten lugar fora do corpo da nai