Define "feudalismo".
Sistema político, económico e social da Idade Media na Europa, onde o señor proporcionaba protección aos seus vasalos a cambio de tributos e traballos nas súas terras, con relación de dependencia co rei.
Cal era a misión principal da nobreza e de que vivían?
A súa misión era protexer militarmente a sociedade. Vivían das rendas dos seus feudos, o que lles permitía ter castelos, cabalos e armas.
Que cerimonias e festas organizaba a Igrexa?
Bautizo, matrimonio, funeral e as festas do calendario (Nadal, Pascua, Semana Santa, festas da Virxe…).
Que é a ábsida e como adoita ser?
É a cabeceira da igrexa, onde está o altar. Normalmente é semicircular e pode ter deambulatorio.
Que son as Cruzadas?
As Cruzadas foron unha serie de expedicións militares organizadas pola Igrexa católica e os reinos cristiáns de Europa occidental entre 1095 e 1291, co obxectivo principal de recuperar Xerusalén e os Lugares Santos (Terra Santa) do control musulmán.
Define "feudo".
Terras cedidas polo rei aos nobres ou á Igrexa, base da relación de vasalaxe e propiedade que fundamentaba o poder.
Cales eran as actividades máis importantes dos nobres homes?
Adestrarse para o combate, participar en xustas e torneos e ir á guerra coas súas mesnadas cando o rei os chamaba.
Roma, Xerusalén e Santiago de Compostela principalmente
.
Por que as igrexas románicas tiñan poucos ocos (ventás)?
Porque as bóvedas de pedra pesaban moito e os muros tiñan que ser moi grosos e sólidos para aguantalas.
Que importancia ten Xerusalén para os cristiáns?
Xerusalén é a cidade máis sagrada do cristianismo porque alí ocorreron os principais episodios da Paixón, Morte e Resurrección de Xesús.
Define "Primus inter pares".
O primeiro entre iguais - Estatus dun rei en relación a un estrato inferior de vasalos que mantiñan fortes cotas de poder.
Menciona os títulos de nobreza que coñezas por orde de poder.
Duque > Marqués > Conde > Vizconde > Barón...
Cal era a diferenza entre clero secular e clero regular?
Clero secular (sacerdotes, bispos, cardeais): atendía aos crentes nas parroquias.
Clero regular (frades e monxas): vivía en mosteiros ou conventos dedicado á oración e ao traballo.
Describe as características máis importantes da pintura románica.
Contornos grosos, cor plana, sen profundidade nin perspectiva, figuras de tamaño segundo a súa importancia (perspectiva xerárquica) e horror vacui (non deixaban espazos baleiros).
Quen foi Balduino IV?
Foi un rei de Xerusalén, chamado o "Rei Leproso", destacou na defensa do Reino de Xerusalén entre a Segunda e Terceira Cruzada.
Define "vasalaxe".
A vasalaxe era un pacto de fidelidade establecido entre o rei e os nobres de diferente rango social.
Como se formaba un cabaleiro desde pequeno?
Aos 6 anos ía ao castelo doutro nobre ou do rei. Primeiro era paxe, despois escudeiro (adestramento militar) e aos 18 anos era unxido cabaleiro nunha cerimonia solemne.
De onde sacaba diñeiro e poder a Igrexa?
Era dona de moitas terras e señoríos, cobraba o décimo (10 % da colleita), recibía rendas feudais e donacións (moitos legábanlle bens ao morrer).
É unha obra de arte en forma de pintura con Cristo Rei de corpo enteiro dentro dunha mandorla, bendicindo coa man dereita, sostendo un libro coa frase “Eu son a luz do mundo” e rodeado dos catro evanxelistas.
Cantas Cruzadas houbo?
8 Cruzadas principais (algúns historiadores inclúen unha 9ª e unha serie de "cruzadas menores" menos importantes. As catro primeiras son as máis emblemáticas.
Que invasores apareceron creando inseguridade e provocando a aparición do sistema feudal?
As invasións musulmás (desde o sur), normandas/vikingas (norte) e maxiares (leste).
Que era a torre da homenaxe e para que servía?
Era a torre máis alta, forte e de máis fácil defensa. Alí vivía o señor e a súa familia. En caso de ataque era o último lugar de resistencia.
Cal foi a orde monástica máis importante?
Orde benedictina: fundada por San Bieito de Nursia no século VI.
Por que se di que a portada románica era “unha Biblia en pedra”?
Porque reunía a maior parte da escultura da igrexa e contaba historias da Biblia: no tímpano Cristo en maxestade, e no lintel, parteluz e arquivoltas escenas bíblicas, santos... para ensinar aos fieis ao entrar no templo.
Quen foi Ricardo I Corazón de León?
Rei de Inglaterra na Terceira Cruzada. Coñecido polo seu valor, grazas ao Tratado de Xaffa preservou o acceso aos lugares santos para os peregrinos.