Biografía e obra
Física
Metafísica
Ética
Política
100

Aristóteles nace no ano 322 a.C.

Non. Nace no ano 383 a.C. e morre no 322 a. C

100

A natureza é definida como...

Principio do movemento e do repouso

100

Cada cousa concreta que existe 

Substancia

100

Denominación que recibe a ética aristotélica por considerar que todas as persoas queren ser felices

Ética eudemonista

100

Cal é o fin do Estado?

Facer felices aos cidadáns e promover a xustiza

200

Como se chama a escola que funda e que nome recibiu?

O Liceo. Escola peripatética

200

En que consiste a concepción teleolóxica da natureza?

Considerar que os procesos de cambio da natureza están orientados a alcanzar un fin, que é lograr a perfección ou plenitude propia de cada ser

200

Que é a teoría hilemórfica?

A consideración de que toda substancia é un composto de materia e forma

200

Por que a ética aristotélica é teleolóxica?

Por considerar que todos os nosos actos teñen unha finalidade ou intención

200

Cales son os nives nos que se estrutura a sociedade humana?

Familia, aldea e polis

300

Foi discípulo de Platón e titor de Alexandre Magno

Correcto

300

Cales son os tipos de cambio ou movemento?

Cambio substancial e accidental e, dentro deste, cualitativo, cuantitativo e local

300

En que se diferenza a forma aristotélica da esencia platónica?

En Aristóteles cada substancia concreta ten a súa esencia nela e hai tantas esencias como cousas singulares existen

300

Nome das virtudes que perfeccionan o noso coñecemento

Virtudes dianoéticas

300

Cales son as formas de goberno lexítimo?

Monarquía, aristocracia e politeia

400

Son títulos de 2 obras aristotélicas

Física e Metafísica

400

Cales son as causas extrínsecas?

Causa eficiente e causa final

400

O non ser relativo é sinónimo do ser en potencia?

Correcto

400

Como se adquire a virtude dianoética e a ética?

A dianoética por aprendizaxe e a ética polo hábito ou costume

400

Cales son as formas de goberno ilexítimo?

Tiranía, oligarquía e democracia

500

Cales son ss obras mais relevantes de ética e política? 

Ética a Nicómaco e Política

500

Que función ten o motor inmóbil na física aristotélica?

É a causa final do movemento e a orde no cosmos

500

Como se relacionan os conceptos de potencia e acto cos de materia e forma?

Ser en potencia con materia e ser en acto con forma

500

A virtude dianoética consiste en escoller o punto medio entre 2 extremos?

Incorrecto. Esa é a virtude ética

500

Como se alcanza a xustiza na polis?

A través da busca do ben común, que trae consigo a autosuficiencia, o vivir ben e a xustiza