Que significa que as plantas son sésiles?
Que están fixas a un sustrato (o solo).
Que plantas NON dispoñen de conductos vasculares?
Os briófitos (mofos)
Cal é o nome do pigmento que permite captar a luz solar na fotosíntese?
Clorofila
Na asexual os descendentes son idénticos ao proxenitor, mentres que na sexual xérase diversidade.
En que consiste a función de relación?
En responder aos cambios do medio (estímulos).
Que son os ESTOMAS?
Estruturas presentes no envés das follas a través das cales a planta intercambia gases coa atmosfera.
Anxiospermas
Que significa que as plantas son autótrofas?
Que son capaces de producir a súa propia materia orgánica (glicosa) a partir da materia inorgánica.
En que parte da flor se encontra o gametófito masculino?
Nas ANTERAS dos estames.
Cita 3 tipos de estímulos ante os que podan responder as plantas.
Verdadeiro ou Falso?
Os vasos conductores son unha adaptación das plantas que lles permitiu vivir no continente.
VERDADEIRO
Os abetos, piñeiros e cedros producen froitos?
Non, son ximnospermas: as súas sementes están espidas.
De que residuo producido na fotosíntese nos beneficiamos a maioría dos seres vivos do planeta?
O osíxeno.
En que parte dos pteridófitos se encontran as esporas?
Nos SOROS, no envés das frondes.
Que diferenza hai entre as NASTIAS e os TROPISMOS?
Que son os COTILEDÓNS?
Unhas follas nutritivas que rodean ao embrión na semente.
Se unha planta ten flores con 5 pétalos e follas con nerviación palminervia trátase dunha...
DICOTILEDÓNEA
En cal destes dous procesos se produce enerxía?: Fotosíntese ou respiración celular.
Respiración celular
Que tipo de plantas teñen flores unisexuais sen pétalos nin sépalos?
As XIMNOSPERMAS.
Os talos e as follas sempre crecen cara ao sol porque teñen...
FOTOTROPISMO POSITIVO.
En que consiste a reprodución alternante das plantas sen semente?
Altérnanse unha fase de gametófito con reprodución sexual, e unha de esporófito con reprodución asexual.
As frondes e os cauloides son partes dos...
PTERIDÓFITOS (fieitos)
Escribe a reacción xeral da fotosíntese.
6CO2 + 6H2O + sales minerais + enerxía luminosa -----------> C6H12O6 (glicosa) + 6O2
Que tipo de adaptacións mostran as flores con polinización entomógama?
Flores con cores vistosas e olores atraentes, pole no interior da flor, producen néctar.
Cando tocamos as follas da mimosa estas péchanse. Como se chama este fenómeno?
Sismonastia.