A CODIA TERRESTRE E AS ROCHAS
PLACAS TECTÓNICAS, VOLCÁNS E TERREMOTOS
AS ROCHAS E OS MINERAIS
O RELEVO DE ESPAÑA
100
Enumera as capas da Terra.

O planeta Terra ten tres capas: a atmosfera que é a capa gasosa, a hidrosfera que é a capa líquida e a xeosfera que é a capa sólida.

100

Que son as placas tectónicas?

Grandes anacos fragmentados da codia terrestre.

100

De que están formadas as rochas?

Minerais
100
Enumeras as montañas interiores da Meseta

Sistema Central e Montes de Toledo.

200

Indica as partes da xeosfera.

Está formada por rochas e distínguense tres partes: a codia, manto e núcleo.

200

Como poden ser as placas tectónicas?

Poden ser continentais cando sobre elas emerxen os continentes e oceánicas cando crean o fondo do océano.

200

Como se clasifican as rochas?

Magmáticas, sedimentarias e metamórficas.

200
Enumera as montañas que rodean a Meseta.

Cordilleira Cantábrica, Montes de León, Serra Morena e Sistema Ibérico.

300

Que é a codia terrestre?

É a parte da xeosfera onde vivimos. Está formada por rochas e distínguense na codia os continentes e os océanos.

300

Que son os volcáns?

Son os lugares por onde o magma sae á superficie. 

300

Que tipo de rocha son o carbón e petróleo?

Rochas sedimentarias

300

Enumera as montañas exteriores á Meseta

Macizo Galaico, Montes Vascos, Pireneos, Sistema Costeiro-Catalán e Sistemas Béticos.

400

Que é a erosión?

É o desgaste das rochas debido a chuvia, o vento, os cambios bruscos de temperatura e outros elementos.

400

Explica as partes dos volcáns

Cando o magma chega á superficie, recibe o nome de lava. A lava ascende por un conduto, a cheminea volcánica e, sae ao exterior por un orificio, o cráter. Ademais de lava, os volcáns expulsan gases e fragmentos de rocha. Todos estes materiais vanse acumulando arredor do cráter e dan orixe ao cono volcánico.

400

Cales son as propiedades dos minerais?

Dureza, cor, brillo e forma.

400

Que depresións hai?

Depresión do Guadalquivir e do Ebro.

500

Que é a sedimentación?

É a acumulación dos materiais erosionados.

500

Que son os terremotos?

Son movementos bruscos da superficie terrestre producidos polas forzas internas da Terra. 

500

Cal é o mineral áis duro e o máis brillante.

O diamante e o ouro.

500

Cantos arquipélagos hai en España?

Arquipélago das Illas Canarias e das illas Baleareas.