Indica o nome de 2 filósofos que defenden o dualismo antropolóxico
Pitágoras, Platón ou Descartes
Autores clásicos que defendían a existencia dun destino que obedece a unha Razón universal
Estoicos
Nomea 2 filósofos que fixeran filosofía política
Platón e Aristóteles
Como define Weber o Estado?
O Estado é o único que dentro dun territorio posúe o monopolio do uso lexítimo da violencia física
Explica a etimoloxía e a orixe do concepto "utopía"
Procede do grego u-topos (o que non existe en ningún lugar). O concepto procede da obra de T. Moro con ese título, Utopía
Nome dos primeiros filósofos que defenden unha concepción materialista do ser humano
Os atomistas (Leucipo e Demócrito)
Autores clásicos que negaban a existencia do destino e defendían a liberdade humana
Epicúreos
Que estuda a filosofía política?
Como se organiza a sociedade e se as formas de organización social e de goberno que existiron son os máis adecuados
Cal é a razón pola que os individuos realizan o pacto social, segundo Locke?
Garantir os dereitos naturais de todos
Funcións das utopías?
Crítica ás sociedades actuais.
Función evasiva e esperanzadora.
Creación de modelos ou guías inspiradoras de futuras sociedades.
Sinala 2 características do ser humano que se destacaron no Humanismo renacentista
A liberdade e o valor intrínseco da existencia humana
Indica 2 características diferentes da dor física e a vital
A física é localizada nunha parte do corpo, a diferenza da vital. Ten unha causa física a diferenza da vital, que se produce por un padecemento emocional
Que defende Aristóteles con respecto á sociabilidade humana?
Segundo Aristóteles, a sociabilidade humana é natural xa que o ser humano só se desenvolve plenamente vivindo en sociedade
Que formas de Estado existen?
Autoritario (que pode ser absolutista ou totalitario), Estado de dereito e Estado social de dereito
Que son as distopías e cando xorden?
Son descricións de sociedade do futuro, moi infelices por diversas causas que xa están presentes de forma incipiente nas sociedades actuais.
Século XX
En que consiste o modelo mecanicista do ser humano?
Afirmar que o corpo do ser humano é coma unha máquina pero non a súa alma, que é libre e non funciona segundo unhas leis físicas
Nomea 3 filósofos que se declarasen ateos e indica a que período filosófico corresponden?
Marx, Nietzsche e Sartre. Filosofía contemporánea
Cal é o obxectivo dun político, segundo Maquiavelo?
Chegar ao poder e conservalo
Segundo Weber, que formas de lexitimación do Estado existen?
Tradicional, carismática e racional-legal
Cal das seguintes obras non é unha distopía?:
Un mundo feliz
A nova Atlántida
1984
A nova Atlántida
Sinala 2 cambios relevantes que se producen durante o século XIX con respecto ao ser humano que o desprazan da súa consideración como un ser especial e superior
A teoría da evolución como orixe do ser humano, igual có resto dos animais e o descubrimento do inconsciente polo psicanalista Freud
Definición de panteísmo
Crenza nun deus que se identifica con todo o existente, é dicir, coa natureza.
Indica 3 ideas que defende Maquiavelo con respecto ao gobernante
Debe separar a ética da política. Na actuación dun gobernante o fin xustifica os medios. O ser humano é malo por natureza.
Por que se produce a alienación, segundo Marx?
Pola explotación que se dá no modo de produción capitalista dunha clase social (burguesía) sobre outra (proletariado, que son os que traballan)
Dá o nome do autor das seguintes obras:
Farenheit 451
A cidade do Sol
Farenheit 451 - Ray Bradbury
A cidade do Sol - Tommaso Campanella