Que significa que auga é inodora
Que non ten cheiro
Onde atopamos augas salgadas na Terra?
En mares e océanos
Como se chama o paso da auga de estado líquido a esado gas
Evaporación
Como se chama o proceso de limpar a auga que collemos dun río para facela potable...
Purificación ou potabilización
Definición de hidrosfera
Conxunto de toda a auga que hai na Terra
Que palabra empregamos para dicir que a auga non ten sabor?
É insípida
Cita 3 lugares onde podemos atopar auga en estado líquido na hidrosfera:
Ríos, lagos, regatos, augas subterráneas, nubes.
Que palabra empregamos para falar de forma xenérica de choiva, neve e saraiba?
Precipitación
Cal é o término técnico para referirse a cando collemos auga dun río para o consumo?
Captación
En que lugares atopamos xeo na natureza permanentemente?
Nos casquetes polares e nas montañas moi altas
De que atomos está composta a molécula de auga?
H2O
2 atómos de hidróxeno e 1 de osíxeno
Que porcentaxe de auga doce hai na Terra?
ao redor do 3%
Cando as plantas liberan vapor de auga chámase...
Transpiración
Nunha "Planta de Tratmento de Augas Residuais"
Explica que significa que a auga e incolora, indora e insípida
Que non ten cor, olor nin sabor
Que significa que a auga é o disolvente universal?
Que pode disolver case todas as substancias
Como se chama a capa de solo e rocha que contén augas subterráneas?
Acuífero
En que estado está auga nas nubes?
Líquido
Por que é importante revisar e mellorar os sistemas de distribución de auga?
Para evitar perdas de auga por roturas, goteos, fugas, etc.
Por que a auga regula o clima do noso planeta?
Porque absorbe e libera calor moi lentamente.
Así evita que a temperatura suba ou baixe demasiado, sobre todo nas zonas costeiras
Que sucede co volume da auga cando se conxela
Aumenta de volume
Onde podemos atopar o 70% da auga doce do planeta?
Nos glaciares
Como se chama auga cando circula pola superficie, por exemplo en regatos ou ríos
Escorrentía superficial
Cita 4 motivos polos que a auga é un recurso limitado
- Hai moi pouca auga doce dispoñible na Terra (só o 1% do total)
- A distribución da auga utilizable e desigual
- Cada día consumimos máis e máis auga
-Cada día as augas están maís contaminadas
Que significa unha xestión sostible da auga?
Consiste en proporcionar auga para consumo sen perxudicar ao medio ambiente nin esgotar o abastecemento de auga.