Sorpresa
Fotosistemas
Catabolismo
Anabolismo
Fotosíntese
100

A que tipo de biomoléculas pertencen a maior parte das enzimas?

Proteínas

100

Onde se localizan os pigmentos fotosintéticos nunha célula eucariota.

Membrana dos tilacoides

100

Con que composto comeza e remata a glicolise?

Glicosa e piruvato

100

Define anabolismo

Parte construtiva do metabolismo, lévanse a cabo rutas de síntese de moléculas complexas a partir de moléculas sinxelas.

100

Define fotosíntese

Conversión da enerxía luminosa en enerxía química (ATP) que se almacena nas moléculas sintetizadas.

200

Indica 2 propiedades das enzimas

- Diminúen a enerxía de activación, aceleran as reaccións biolóxicas.

- Non se consumen.

- Son moi específicas.

- Actúan á temperatura do ser vivo.

200

Que é un fotosistema?

Agrupación de centos de moléculas de clorofilas e carotenoides asociados a proteínas que se localizan na membrana dos cloroplastos das células eucariotas.

200

Cal é a procedencia do acetil-CoA que ingresa no ciclo de Krebs?

Descarboxilación oxidativa do piruvato

200

Que tipos de anabolismo se diferencian?

Autótrofo e heterótrofo

200

Doador e aceptor de electróns máis comúns.

- Doador H2O (oxídase) a O2

- Aceptor CO2 (redúcese)

300

Indique o nome de dúas rutas do catabolismo da glicosa nas que se xere ATP.

Glicolise, Ciclo de krebs, Fosforilación oxidativa.

300

Que compoñentes ten un fotosistema?

- Antena ou complexo captador de luz.

- Centro de reacción.

300

V ou F: A beta- oxidación dos ácidos graxos ten lugar nas cristas mitocondriaIs.

Falso, na matriz

300

Que se require para levar a cabo as reaccións químicas do anabolismo?

- Enerxía química en forma de ATP

- Achega de electróns e protóns en forma de coenzimas reducidos.


300

En que se diferencia a fotosíntese anosixénica da osixénica?

Na anosixénica o doador de electróns é o H2S.

Non se desprende osíxeno, prodúcese un composto de S que precipita.

400

Cal é a natureza química dos pigmentos fotosintéticos?

Lípidos, isoprenoides ou terpenos

400

Que procesos se producen en cada un dos compoñentes dos fotosistemas?

- Antena ou complexo captador de luz: centos de pigmentos que captan a enerxía da luz e a pasan dun a outros ata a clorofila diana.

- Centro de reacción: clofila diana (2 moléculas de clorofila a) que ao recibir a enerxía dos pigmentos da antena oxídase, reducindo ao primeiro aceptor de electróns.

400

Diferenza entre respiración mitocondrial e fermentación.

Respiración: proceso de degradación aerobia da glicosa no que o piruvato obtido na glicólise se oxida completamente a CO2 e H2O. Consta de dúas etapas: ciclo de Krebs e cadea respiratoria.

Fermentación: proceso de degradación anaerobia da glicosa cuxa finalidade é a obtención da enerxía en forma de ATP e a rexeneración do NAD+

400

Cita dúas diferenzas entre anabolismo autótrofo e heterótrofo

- Síntese de moléculas orgánicas sinxelas a partir de inorgánicas Vs Síntese de biomoléculas a partir de moléculas orgánicas sinxelas.

- Fontes de enerxía externas ao organismo Vs. Materia orgánica xa formada (ATP e coenzimas reducidos).

- Só a realizan organismos autótrofos Vs. Todos os organismos.

400
Cita os pigmentos fotosintéticos

- Plantas e algas: clorofilas a/b e carotenoides (carotenos e xantofilas)

- Bacterias: bacterioclorofila e ficobilinas.

500

Diferenza entre enlaces monocarbonílicos e dicarbonílicos.

Mono: implicado só un carbono anómerico no enlace, poder reductor.

Di: Os dous carbonos anoméricos implicados no enlace. Non poder reductor.

500

Dúas diferenzas entre o P700 (PSI) e o P680 (PSII)

- Capta lonxitudes de onda inferiores ou iguais a 700nm Vs Inferiores ou iguais a 680 nm.

- Tilacoides do estroma e nos non amoreados Vs tilacoides do grana.

- É independente Vs. Depende do PSI.

- Todos os organismos Vs Plantas superiores e cianobacterias.

500

Explica brevemente en que consiste a fosforilación oxidativa

Consiste na síntese de ATP ligado ao transporte de electróns na cadea respiratoria mitocondrial, ten lugar nas cristas mitocondriais

500

Cita dúas diferenzas entre fotosíntese e quimiosíntese

- Utiliza a enerxía da luz, CO2 e H2O para sintetizar compostos orgánicos Vs Utiliza enerxía que se libera na oxidación de compostos inorgánicos.

- Plantas, algas, cianobacterias e bacterias fotosintéticas Vs Bacterias autótrofas do fondo mariño.

500

Que características dos pigmentos lles permite absorver enerxía luminosa?

Teñen dobres enlaces alternados con enlaces sinxelos. Os electróns dos dobres enlaces poden excitarse e pasar a niveis superiores de enerxía.

Do estado excitado poden:

-Volver ao estado fundamental emitindo enerxía.

- Ser cedido a un aceptor e iniciar cadea de transporte electrónico ata un aceptor final (NADP)