¿Que ten maior concentración de vitamina C: as laranxas ou as fresas?
Fresas
¿En que sexo é maior a incidencia de trastornos da alimentación?
Mulleres
¿Cal será a causa/orixe de malestar máis frecuente nun neno diabético nun campamento?
Hipoglucemia
Nun prato equilibrado, ¿que porcentaxe debe ser de proteína saudable?
Un cuarto = 25 %
Segundo a pirámide de alimentación saudable da OMS. ¿Cantas racións de froitas e verduras hai que consumir ao día?
Máis de 5
¿Para a obtención de que vitamina precisamos tomar o sol?
Vitamina D
¿Que trastorno da alimentación caracterízase pola perda do esmalte dos dentes?
Bulimia
¿Como se chama a proteína que deben evitar os celíacos?
Glute
¿Que calificación nutriscore terán uns croissants ultraprocesados recheos de crema de cacao?
E
Como norma xeral, ¿que porcentaxe do peso dunha persoa adulta é auga?
60 %
¿Que vitamina poden precisar suplementar os vexetarianos e veganos de forma artificial?
A B12 ou cobalamina
¿Que trastorno da alimentación caracterízase pola realización de excesivo exercicio físico?
Anorexia
¿Que cereais deben evitar os celíacos?
Trigo, centeo e cebada
¿Cantas veces á semana debemos comer embutidos?
De forma ocasional e moderada (e opcional).
¿Que hortaliza é moi rica en beta-carotenos ou Vitamina A?
A cenoria
¿Que vitamina antioxidante atopamos en alta cantidade no aceite de oliva?
Vitamina E
¿Que trastorno da alimentación caracterízase polo consumo de laxantes e/ou diuréticos?
Anorexia
¿Como se chama a hormona que se usa para o tratamento da diabetes?
Insulina
¿Que cifra de IMC delimita o inicio do diagnóstico de obesidade?
30
¿Dentro de que grupo de alimentos clasificamos os tomates?
Froitas
¿Cal é a froita con maior contido de vitamina C?
Kiwi
¿En que período da vida é máis frecuente a aparición de trastornos da alimentación?
Na adolescencia media e tardía (14-19 anos)
¿A partir de que concentración de glucosa no sangue consideramos hipoglucemia?
< 70 mg/dl
¿Que porcentaxe de enerxia diaria dunha persoa é recomendable que proceda dos glícidos?
50%
¿Como se chaman os compostos orgánicos que conforman as proteínas?
Aminoácidos