En que comunidade autónoma se atopa o Macizo Galaico?
O Macizo Galaico sitúase en Galicia.
100
Cal é a raíz cadrada de 121?
A raíz cadrada de 121 é 11.
100
Cantas sílabas, como máximo, pode ter un verso de arte menor?
Os versos de arte menor teñen, como máximo, oito sílabas.
100
Di un exemplo de ecosistema mixto ou híbrido.
Os ecosistemas mixtos ou híbridos poden ser: a costa, un humedal, unha poza...
100
Cal é o resultado da potencia 8^2?
O resultado é 64.
200
Que cordilleira separa Francia de España?
A Cordilleira Pirenaica separa estes dous países.
200
Nas táboas do 1 ao 10, cantas raíces cadradas perfectas hai?
Entre as táboas do 1 ao 10 hai 10 raíces cadradas perfectas.
200
Como lle chamamos a un poema cuxos versos teñen 14 sílabas?
Os poemas que teñen 14 sílabas chámanse «alexandrinos».
200
Que tipo de ecosistema é unha pradaría?
Unha pradaría e un ecosistema humanizado.
200
Que é unha enquisa?
Unha enquisa é unha pregunta ou un conxunto de preguntas que se fan a un número determinado de persoas para coñecer a opinión xeral sobre un asunto ou para ter datos sobre algún fenómeno.
300
Que paisaxe podemos atopar nunha zona de clima polar?
Nas zonas de clima polar, podemos atopar a tundra.
300
Cal é o mínimo común múltiplo de 3 e 5?
O mínimo común múltiplo de 3 e 5 é o 15.
300
Que é a «crina» dun cabalo?
A crina dun cabalo é o pelo que ten no pescozo ou no rabo.
300
En que ecosistema poderiamos atopar unha balea?
As baleas están en ecosistemas acuáticos.
300
Que é un «hipódromo»?
Un hipódromo é un recinto con pistas onde se fan carreiras de cabalos.
400
Como lle chamamos a un terreo que está rodeado de auga por todas as súas partes?
Esta forma de relevo é unha illa.
400
Calcula o resultado da potencia: 5^0
Calquera número elevado a 0 equivale a 1.
400
Cantas sílabas ten o seguinte verso?
«Leva unha lúa de pan»
Este verso está formado por 8 sílabas. Restámoslle unha sílaba pola sinalefa e engadímoslle unha por rematar nunha palabra aguda.
400
En que galaxia se atopa o Sistema Solar?
O Sistema Solar pertence á Vía Láctea.
400
Como lle chamamos a un conxunto ou agrupación de illas?