Son dous órganos esponxosos situados na caixa torácica, protexidos polas costelas e a pleura.
Os pulmóns
Enfermidade infecciosa que causa dor de garganta, febre e mocos, moi común no inverno.
Gripe ou arrefriado
Vasos sanguíneos de paredes grosas que levan o sangue desde o corazón cara aos órganos.
Arterias
Diminución do número de glóbulos vermellos ou de hemoglobina, que provoca cansazo e palidez.
Anemia
Hábito prexudicial que dana as vías respiratorias e é a causa principal do cancro de pulmón
Fumar / Tabaquismo
Músculo que separa o tórax do abdome e cuxa contracción permite a entrada de aire nos pulmóns.
O diafragma
Enfermidade producida polo crecemento descontrolado de células anormais que forman tumores e cuxa principal prevención é evitar o tabaquismo e a exposición ao radón.
Cancro de pulmón
Compoñente do sangue (fragmentos de células) encargado de taponar as feridas e evitar hemorraxias.
Plaquetas
Taponamento dun vaso sanguíneo por un coágulo de sangue chamado trombo.
Trombose
Tipo de dieta que debemos evitar para non acumular colesterol nas nosas arterias.
Dieta rica en graxas animais/saturadas
Estruturas en forma de saco ao final dos bronquíolos onde ocorre o intercambio de gases co sangue.
Alvéolos pulmonares
Inflamación dos bronquios que produce tose persistente e exceso de moco, moitas veces causada polo tabaco.
Bronquite
Fase do ciclo cardíaco na que as cavidades do corazón se relaxan e se enchen de sangue.
Diástole
Depósito de placas de colesterol nas paredes internas das arterias, dificultando o paso do sangue.
Arteriosclerose
Práctica necesaria para manter o corazón forte, o peso controlado e mellorar a ventilación pulmonar.
Exercicio físico regular
Nome do proceso químico que ocorre nas mitocondrias onde a glicosa e o osíxeno producen enerxía e CO2
Respiración celular
Estreitamento dos bronquios que dificulta a entrada de aire, provocando sensación de afogo e "asubíos" ao respirar.
Asma
Circulación que se inicia no ventrículo dereito e leva o sangue aos pulmóns para que se oxixene.
Circulación menor ou pulmonar
Dor forte no peito ao facer un esforzo debido á falta temporal de osíxeno no corazón, que adoita durar poucos minutos.
Anxina de peito
Acción solidaria e ética que permite salvar vidas proporcionando compoñentes sanguíneos a quen os necesita.
Doazón de sangue
Conduto compartido polos aparellos dixestivo e respiratorio.
Farinxe
Enfermidade grave que consiste na inflamación do tecido pulmonar (alvéolos) debido a unha infección.
Pneumonía
Válvulas que impiden que o sangue que saíu polas arterias (aorta ou pulmonar) retroceda ao corazón.
Válvulas semilunares
Enfermidade hereditaria que impide a correcta coagulación do sangue, provocando hemorraxias.
Hemofilia
Ademáis do colesterol, que mal hábito aumenta a probabilidade de sufrir arterioesclerose?
Non fumar