Que é o universo?
É o espazo no que se encontran os corpos celestes, como estrelas, planetas, etc.
Que é o sistema solar?
É un sistema planetario, é dicir, un conxunto formado por unha estrella chamada Sol e todos os corpos celestes que xiran ao seu redor, como o planeta Terra.
Cales son as características da Terra?
A Terra é un corpo rochoso de forma esférica, algo achatada polos polos e lixeramente inclinada, que ten un diámetro duns 12700 quilómetros.
Explica as características da lúa.
É o único satélite da Terra. Trátase dun corpo rochoso en forma de esfera, de 3746 quilómetros de diámetro.
Explica as diferenzas entre mapamundi e globo terráqueo.
O globo terráqueo é unha esfera sobre a que se representa a superficie da Terra a unha escala máis pequena que a realidade.
O mapamund ou planisferio é unha representación nun plano da superficie esférica da Terra.
Que corpos celestes forman o universo?
As estrelas, as nebulosas, as galaxias, os planetas, os planetas ananos, os satélites, os asteroides e os cometas.
Como se chama a Galaxia a que pertence o Sistema Solar?
Vía Láctea
O xiro que a Terra realiza sobre si mesma chámase...
Movemento de rotación
Que movementos realiza a Lúa?
Realiza un movemento de rotación sobre si mesma e outro de traslación arredor da Terra.
Cal é a diferencia entre paralelos e meridianos?
Os paralelos son liñas imaxinarias perpendiculares ao eixe de rotación da Terra e van disminuíndo de tamaño segundo se achegan aos polos.
Os meridianos son liñas imaxinarias verticais ou semicírculos que van desde o polo norte ao polo sur.
Cal é a diferencia entre estrelas, nebulosas e galaxias?
As estrelas son grandes esferas de gases, moi quentes. Emiten ou dan luz e calor.
Nebulosas son enormes nubes de gas e po.
Galaxias son agrupación de millón de estrelas e nebulosas.
Enumera os planetas do Sistema Solar
1. Mercurio
2. Venus
3. Terra
4. Marte
5. Xúpiter
6. Saturno
7. Urano
8. Neptuno
Explica o movemento de translación da Terra.
É o tiro que a Terra realiza barredor do Sol.
Cales son as fases da Lúa?
Lúa nova, lúa chea, cuarto crecente e cuarto minguante.
Explica en que consiste a escala gráfica e numérica.
A escala gráfica é a representación debuxada da relación entre a distancia no mapa e na realidade.
A escala numérica indica cantas veces debemos multiplicar unha unidade que medimos no mapa para saber canto mide na realidade.
Como se chaman os corpos rochosos que poden xirar ao redor cunha estrela, dun planeta ou viaxar polo espazo e cando chocan con planetas ou satélites denomínanse meteoritos?
Asteroides
Cal é o cometa máis coñecido do Sistema Solar?
O cometa Halley, que tarda case 76 anos en realizar unha órbita completa arredor do Sol.
Como consecuencia de que movemento prodúcense as estacións?
Polo movemento de translación.
Que é un eclipse de Sol?
Prodúcese cando a Lúa se dispón entre o Sol e a Terra, formandpo entre os tres unha aliñación perfecta, cubrindo case toda a totalidade do Sol.
Que representan os mapas físicos?
O relevo e as augas da superficie terrestre sobre e baixo o nivel do mar.
Que son os cometas?
Son bólas de po e Xeo. Teñen unha especie de colas de vapor de agua que brillan ao pasar pocas proximidades das estrelas.
Cal é o satélite da Terra? E cantos satélites teñen Xúpiter e Saturno?
A lúa. Máis de 60 satélites.
Canto tarda a Terra en realizar o movemento de rotación e traslación?
A Terra tarda 24 horas en facer un xiro sobre si mesma e prodúcese a sucesión do día e a noite.
A Terra tarda 365 días en unas horas (un ano) en xirar arredor do Sol.
Como se producen as mareas?
Prodúcense porque a Lúa e a Terra se atraen como dous imáns debido á forza da gravidade.
Que representan os mapas políticos?
Representan e indican os límites entre países, comunidades autónomas, rexións, provincias, municipios.