Que é a atmosfera?
É a capa de aire que rodea a Terra.
Que é o tempo atmosférico?
É o estado da atmosfera nun lugar e nun momento.
É o conxunto de condicións da atmosfera que se dan nunha rexión durante moitos anos.
En que zona climática encóntrase España?
A maior parte de España está situada na zona temperada, pero as illas Canarias están na zona cálida.
Que capas distinguimos na atmosfera?
A troposfera, a estratosfera e as capas exteriores.
Cales son os elementos do tempo atmosférico?
As temperaturas, as precipitacións e o vento.
Explica os factores do clima.
1. A proximidade ao ecuador: nos lugares próximos ao ecuador vai moto calor. Segundo nos afastamos del, van descendendo as temperaturas.
2. Outros factores son as montañas (onde vai máis frío) e a distancia ao mar (xa que as costas teñen temperatuas más suaves ca as terras do interior.
Que climas hai en España?
Oceánico, mediterráneo, subtropical e de montaña.
Explica onde se sitúa e que gas atopamos na estratosfera.
É a capa situada enriba da troposfera, nela encóntrase a capa de ozono, un gas que nos protexe dos raios solares, que son prexudiciais para os seres vivos.
Que é o termómetro?
Mide a temperatura do aire en graos Celsius. Indica se vai frío ou calor.
Explica as temperaturas, precipitacións e a vexetación dos climas cálidos.
Os climas cálidos están arredor do ecuador. Teñen temperaturas altas e chuvias frecuentes. A vexetación pode ser a selva, sabana ou deserto (medran palmeiras ou cactos).
Explica onde se atopa o clima mediterráneo e as súas temperaturas e precipitacións.
Dase no interior, leste e sur da Península, nas illas Baleares, Ceuta e Melilla.
As temperaturas son suaves todo o ano, pero no interior son baixas no inverno e altasno verán.
As precipitacións son escasas, sobre todo no verán.
Que e a troposfera?
É a capa máis próxima á Terra. Nela prodúcense os fenómenos atmosféricos.
Que é o anemómetro?
Mide a velocidade do vento. Distínguese a brisa, cendaval e o furacán.
Explica as temperaturas, precipitacións e vexetación dos climas temperados.
Os climas temperados sitúanse entre a zona cálida e as dúas zonas frías. Son variados, nuns sitios chove moito e noutros pouco. As temperaturas non son nu moi altas nin moi baixas. Nestas zonas medran pradarías e bosques.
Explica onde se da o clima oceánico e as súas temperaturas e precipitacións.
Dase no norte da Península.
As temepraturas son suaves pola proximidade do mar.
As precipitacións son frecuentes ao longo de todo o ano.
Que son os fenómenos atmosféricos?
Son os sucesos naturais que ocorren na troposfera. Algúns deles son as nubes, a chuvia, os ventos, os raios...
Que é o pluviómetro?
Mide as precipitacións que caen cada día no seu depósito. Mídense en litros por metro cadrado. As precipitacións poden ser en forma de chuvia, neve e sarabia.
Explica as temperaturas, as precipitacións e a vexetación dos climas fríos.
Os climas fríos sitúanse arredor dos polos norte e sur. Vai moito frío todo o ano e chove pouco (adoita ser en forma de neve). Non hai apenas vexetación, só medra a tundra con musgos e herbas.
Onde se da o clima subtropical e o clima de montaña?
Clima de montaña: nos cumios situados a máis de 1500 metros de altura.