OS MAMÍFEROS
AS AVES
OS RÉPTILES
OS ANFIBIOS E OS PEIXES
100

Cales son as características dos mamíferos?

Respiran polos pulmóns, son vivíparos, teñen a pel cuberta de pelo e desprázanse con catro patas.

100
Todas as aves teñen ás?

Si, todas as aves teñen ás, pero non todas voan.

100

Cales son as características dos réptiles?

Respiran por pulmóns, desprázanse cvon catro patas (a maioría), a pel está cuberta de escamas e son ovíparos.

100

Cales son as características dos anfibios?

Respiran con pilmóns e a través da pel, son ovíparos, teñen a pel espida e desprázanse con patas.

200

Como son os carnívoros?

Teñen cairos afiados e poutas nas patas que utilizan para cazar os animais dos que se alimentan.

200

Cales son as características das aves?

Están cubertas d eplumas, son ovíparas, teñen un peteiro duro, respiran por pulmóns e as extremidades dianteiras son ás.

200

Cantos grupos de réptiles atopamos?

Os lagartos, as serpes, os crocodilos e tartarugas.

200

Cales son as características dos peixes?

Respiran na auga coas branquias, desprázanse con atletas, están cubertos de escamas e son ovíparos.

300

Que son os ungulados?

Son mamíferos que teñen patas con pezuños, son terrestres e herbívoros coma o xabaril.
300
Como se clasifican as aves?

Clasifícanse en corredoras, nadadoras, rapaces e paxaros.

300

En que se diferencias os lagartos das serpes?

Diferéncianse en que as serpes teñen o corpo alongado e carecen de patas mentres os lagartos teñen o corpor alongafo, patas curtas e o rabo longo.

300

Como se clasifican os anfibios?

Clasifícanse en anfibios sen rabo como as ras e os sapos e os anfibios con rabo coma as píntegas.

400

Que son os primates e os cetáceos?

Primates: mamíferos terrestres que teñen cinco dedos nas mans e nos pés.

Cetáceos: mamíferos acuáticos. O seu corpo e alongado e desprázanse nadando movendo o rabo e as aletas.

400
En que se diferencian as corredoras das nadadoras?
As corredoras coma a avestruz non poden voar e teñen patas moi forte mentres que as nadadoras como os cines teñen as dedas unidas por unha membrana para nadar.
400

En que se diferencian os crocodilos das tartarugas?

Diferéncianse en que os crocodilos teñen escamas que se unen formando escudos moi resistentes mentre que as tartarugas teñen o lombo protexido por unha cuberta.

400

Como se clasifican os peixes?

Peixes óseos e cartilaxinosos coma as raias e mantas.

500

Pon un examplo de carnívoros, ungulados, primates e cetáceos.

Carnívoros: leóns

Ungulados: ovellas

Primates: chimpancés

Cetáceos: golfiños

500

En que se diferfencian as rapaces e os paxaros?

As rapaces como os falcóns son carnívoras con poutas e peteiros afiados mentres os paxaros como o gorrión son avaes pequenas.

500

A wur grupo pertence os camaleón e os aligátores?

Os camaleóns son lagartos e os aligátores pertence o grupo dos crocodilos.

500

Que é a metamorfose? En que grupo de animais se produce?

A metamorfose é o proceso polo que os cágados se transforman en adultos. Podúcese nos anfibios.