Xeral
Poríferos e Cnidarios
Vermes e Equinodermos
Moluscos
Artrópodos
100

A que grupo de invertebrados pertence? 

Concreta o máis posible.


Poríferos

100

Que tipo de simetría teñen os poríferos?

Non teñen simetría.

100

Que tipo de simetría teñen os equinodermos?

Radial

100

Como respiran os bivalvos?


Mediante branquias xa que son acuáticos.

100

Cales son os nomes en que se divide o corpo dun insecto?


Cabeza, tórax e abdome

200

A que grupo de invertebrados pertence?

Concreta o máis posible

Cnidarios/celentéreos

Concrétamente é unha anémona (pólipo).

200

Qué tipo de simetría ten un cnidario?

Ten simetría radial.

200

Indica como se alimentan as estrelas de mar?

Onde teñen a boca e o ano?

a) Son principalmente carnívoras.

b) A boca esta na parte inferior e o ano na parte superior.

200

Que é o manto dun molusco?

Capa de células que cubre a masa visceral, e que é a encargada de producir a concha. As súas células segregan carbonato cálcico.

200

a) De que ten o corpo recuberto un artrópodo?

b) Que beneficios aporta a este animal?

a) Un exoesqueleto de quitina.

b) Protección e evita a deshidratación.

300

Indica cales son as tres características principais do Reino Animal. 

Células eucariotas.

Pluricelulares con tecidos (agás os poríferos).

Nutrición heterótrofa.

300

a) Por que pican as medusas? 

b) E... para que pican?

a) Pican cunhas células urticantes chamadas cnidoblastos localizadas nos tentáculos que teñen un líquido velenoso.

b) Pican para paralizar ás súas presas e como sistema de defensa.


300

Indica dúas formas de alimentarse dos anélidos?

a) Partículas orgánicas presentes na terra ou na auga (Miñoca, lombriga de terra)

b) Anélidos parasitos aliméntanse de sangue(Sambesuga).

300

Que tipo de molusco emprega a rádula para alimentarse? 

Os gasterópodos. A rádula é unha especie de língua con dentiños que utilizan os gasterópodos para arrincar ou triturar o alimento.

300

Indica as diferencias entre os dous tipos de miriápodos.

Ciempiés: 1 par de patas por segmento. Carnívoro

Milpiés: 2 pares de patas por segmento. Herbívoros


400

Indica a que grupo de invertebrados pertence.

Concreta o máis posible.

Grupo dos artrópodos.

Concretamente é un arácnido (8 patas)

400

Explica de forma completa tres diferencias entre as medusas e os pólipos.

Medusas: forma de paraugas, boca-ano abaixo, móbiles

Pólipos: forma saco, boca-ano arriba, vida sésil

400

Indica de forma completa como é a forma de reproducirse sexualmente das lombrices de terra.

Reprodución sexual. Son hermafroditas polo que precisan aparearse e intercambiar gametos maculinos que se acumulan e finalmente forman ovos no clitelo (que queda depositado na terra).

https://lombritec.com/lombriz-ovipara-hermafrodita/


Recorda que tamén poden ter reprodución asexual (fragmentación).

400

a) Indica o nome dos 3 tipos de moluscos que existen.

b) Pon o exemplo dunha especie que pertenza a cada un dos grupos.

400

a) Indica o nome dos 4 tipos de artrópodos que existen.

b) Indica o número de patas que ten cada un deles.

500

a) Indica a que grupo de invertebrados pertence, concretando o máis posible.

b) Indica como respiran.

a) Molusco gasterópodo.

b) Non teñen nariz polo que o aire chega ao pulmón por un buratiño* que teñen na concha.

*Neumostoma (non fai falta indicalo)

500

Explica de forma completa como é a forma de alimentarse dos poríferos.

Son animais filtradores. Aliméntanse das partículas en suspensión que contén a auga. Posúen unhas células especiais (coanocitos) provistas dun flaxelo, cuxa misión é crear unha corrente continua de auga que penetre polos poros (ostiolos), pase á cavidade atrial e saia polo ósculo.

500

Indica de forma completa como é a forma de desplazarse dos equinodermos.

Posúen o aparello ambulacral, formado por unha serie de tubos internos cheos de auga que terminan en finos tubos, con ventosas ao final, denominados pés ambulacrais. Serve para desprazarse.

500

a) Que tipo de alimentación teñen os cefalópodos? 

b) Que órgano empregan para alimentarse?

a) Son carnívoros.

b) O pico de loro.


500

a) Indica o nome dos 4 tipos de artrópodos que existen.

b) Indica como é a súa respiración

Insectos: traqueal

Arácnidos: traqueal 

Crustáceos: branquias 

Miriápodos: traqueal