Cal é a palabra clave das cantigas de amor?
Senhor (namorado)
Encontra o suxeito da seguinte oración: “Gústame o chocolate con laranxa”
O chocolate con laranxa
Cal é a capital da provincia da Coruña?
A Coruña
Cal é a principal ruta de peregrinación a Galicia?
O Camiño de Santiago
Como se chaman as linguas que proveñen do latín?
Como se coñece o manuscrito que recolle as cantigas de Martin Codax?
Transforma o seguinte texto para que estea cohesionado:” O home roubou o diñeiro, pero o home non conseguiu chegar ao Brasil co diñeiro que roubou.”
O home roubou o diñeiro, pero non conseguiu chegar ao Brasil co roubado.
Indica onde está a Lagoa de Antela.
Xinzo de Limia
En que ano se aprobou o Estatuto de Autonomía de Galicia?
No 1981
Que consideración ten a lingua galega en Galicia?
O galego é a lingua propia de Galicia e ademais é cooficial.
Que filosofía ou teoría seguen as cantigas de amor?
Indica a forma do superlativo irregular de alto/-a.
Supremo/-a
Que clima temos en Galiza?
Clima oceánico
En que século acabou o proceso de fragmentación do latín?
s.IX
Como se denomina o espazo linguístico do portugués no que se inclúe o galego?
Lusofonía
Que é o mordobre?
Recurso estilístico da cantiga de amor, de orixe provenzal, que consiste na repetición da mesma raíz en lugares simétricos, pero con distintas desinencias.
Completa esta oración con todas as particulas comparativas aptas: “Gústanos máis falar ______ traballar”
ca / que
En que municipio se encontra o Cabo Touriñán?
Muxía
Que rei ordenou a creación da primeira Catedral de Santiago?
Afonso II
Achega o nome dun país monolingüe.
Islandia, San Marino, Cuba, República Popular Democrática de Corea do Norte, Tuvalu...
Cita tres temas recorrentes nas cantigas de escarnio e maldicir.
Sátira social, Sátira política, Sátira sexual, Sátira literaria e Sátira moral.
Define este fonema: / ʃ /
Palatal fricativo xordo.
En que concello pontevedrés se celebra a Rapa das Bestas de Sabucedo?
A Estrada
Indica un rei do Reino Suevo de Galicia.
A que se refire o termo diglosia?