DICIONARIO 1
DICIONARIO 2
SÍLABAS E ACENTUACIÓN 1
SÍLABAS E ACENTUACIÓN 2
ENUNCIADOS
100
Como están ordenadas as palabras no dicionario?
Por orde alfabética. 
100
Queres buscar o significado dunha palabra que non coñeces. En que dicionario podes mirar?

Dicionario xeral.

100

En que posición teñen a sílaba tónica as palabras agudas, as graves e as esdrúxulas?

Agudas: última posición.

Graves: penúltima posición.

Esdrúxulas: antepenúltima posición.


100

Cando levan til as palabras agudas?

Cando rematan en vogal, en -n ou en -s.

100

Escolle a opción correcta:

a) Un texto está formado por enunciados, os enunciados son todos oracións, e estes enunciados organízanse en parágrafos.

b) Un texto está formado por enunciados, que poden ser frases ou oracións, e estes enunciados organízanse en parágrafos. 

Opción correcta: B.

200

En que xénero e número aparecen os substantivos no dicionario?

Xénero: masculino.

Número: singular.

200
Queres saber como se di unha palabra noutro idioma. En que dicionario podes mirar?

Dicionario bilingüe.

200

1. Cando dúas vogais van xuntas na mesma sílaba forman un ... 

2.Cando dúas vogais van en sílabas diferentes forman un ...

1. Ditongo.

2. Hiato.

200

Cando levan til as palabras graves?

Cando NON rematan nin en vogal, nin en -n, nin en -s. 

200
Participei na torneo de bádminton a semana pasada. 


É unha frase ou unha oración? Por que?

É unha oración porque ten un verbo que é "participei".
300
En que xénero e número aparecen os adxectivos no dicionario?

Xénero: masculino.

Número: singular.

300

Necesitas buscar outras formas posibles de dicir unha palabra. En que dicionario podes buscalas?

Dicionario de sinónimos.

300

Separa en sílabas as seguintes palabras e rodea a sílaba tónica.

xadrez / paseo / poema / froito / espectador

xa-drez (tónica: drez)

pa-se-o (tónica: se)

po-e-ma (tónica: e)

froi-to (tónica: froi)

es-pec-ta-dor (tónica: dor)

300

Separa en sílabas as seguintes palabras e rodea a sílaba tónica.

diadema / area / caixa / estoxo / culler

dia-de-ma (tónica: de)

a-re-a (tónica: re)

cai-xa (tónica: cai)

es-to-xo (tónica: to)

cu-ller (tónica: ller)

300

Que sorpresa a túa visita!

É unha frase ou unha oración? Por que?


É unha frase porque non ten verbo.

400
Cal dos seguintes verbos atoparemos no dicionario? 

recibín / cociñar / mercarei

Que nome recibe esa forma verbal?

Cociñar.

Infinitivo.

400

Queres facerte unha idea de como é algo mirando un debuxo. En que dicionario podes atopalo?

Dicionario visual.

400

Escribe as seguintes palabras e colócalles til se a precisan:

Explica por qué deben levala ou non.

pinceis / rosa / calcetin / mobil / carballo / crater

-Pinceis (Non leva til porque é aguda e remata nun ditongo decrecente.) - Rosa (Non leva til porque é grave e remata en vogal.) - Calcetín (Leva til porque é aguda e remata en -n.). -Móbil (Leva til porque é grave e remata en -l.) -Carballo (Non leva til porque é grave e remata en vogal.) - Cráter (Leva til porque é grave e non remata nin en n, nin s nin vogal.)
400

Escribe as seguintes palabras e colócalles til se a precisan:

Explica por qué deben levala ou non.

chandal / parella / femur / perone / ademais / compas

-Chándal (Leva porque é grave e non remata nin en n, nin s nin vogal.)  -Parella (Non leva porque é grave e remata en vogal.) -Fémur (Leva porque é grave e non remata nin en n, nin s nin vogal.) - Peroné (Leva porque é aguda e remata en vogal.) -Ademais (Non leva porque é aguda e ten un ditongo decrecente na última sílaba.) -Compás (Leva porque é aguda e remata en s.)

400

Di se os seguintes enunciados son frases ou oracións e xustifica a túa resposta.

1. Hoxe faremos un xogo moi divertido!

2. Que postre máis rico!

3. Que partidazo o de onte á noite!

4. Que ben traballou onte Iago na escola!

1. Oración porque ten verbo (faremos).

2. Frase porque non ten verbo.

3. Frase porque non ten verbo.

4. Oración porque ten verbo (traballou).

500

Menciona un exemplo de sustantivo, outro de adxectivo e outro de verbo na forma correcta que aparecería no dicionario.

Exemplos:

Sustantivo: coche

Adxectivo: bonito

Verbo: conducir

500

Menciona 4 tipos diferentes de dicionarios.

Dicionario xeral.

Dicionario visual.

Dicionario bilingüe.

Dicionario de sinónimos e antónimos.

500

Menciona 2 palabras agudas con acento gráfico e 2 sen acento gráfico. 

Exemplo:

-Con acento gráfico: camión, champú.

-Sen acento gráfico: ordenador, pincel.

500

Menciona 2 palabras graves con acento gráfico e 2 sen acento gráfico.

Exemplos:

-Con acento gráfico: fácil, córner.

-Sen acento gráfico: exame, raqueta.

500

Cales son os dous tipos de enunciados? En que se diferencian?

Pon un exemplo de cada un deles. 

Oracións e frases. Diferéncianse en que a oración ten verbo e a frase non.

Exemplos:

Oración: A semana pasada fixo moito frío.

Frase: Que días máis fríos os da outra semana!