Características xerais
Clasificación
Nutrición
Reprodución
Relación
100

Que significa que as plantas son sésiles?

Que están fixas a un sustrato (o solo).

100

Que plantas NON dispoñen de conductos vasculares?

Os briófitos (mofos)

100

Cal é o nome do pigmento que permite captar a luz solar na fotosíntese?

Clorofila

100
Cal é a principal diferenza entre a reprodución asexual e a sexual?

Na asexual os descendentes son idénticos ao proxenitor, mentres que na sexual xérase diversidade.

100

En que consiste a función de relación?

En responder aos cambios do medio (estímulos).

200

Que son os ESTOMAS?

Estruturas presentes no envés das follas a través das cales a planta intercambia gases coa atmosfera.

200
As monocotiledóneas son un tipo de...

Anxiospermas

200

Que significa que as plantas son autótrofas?

Que son capaces de producir a súa propia materia orgánica (glicosa) a partir da materia inorgánica.

200

En que parte da flor se encontra o gametófito masculino?

Nas ANTERAS dos estames.

200

Cita 3 tipos de estímulos ante os que podan responder as plantas.

A luz, a gravidade, a presión (contacto), a humidade, etc.
300

Verdadeiro ou Falso?

Os vasos conductores son unha adaptación das plantas que lles permitiu vivir no continente.

VERDADEIRO

300

Os abetos, piñeiros e cedros producen froitos?

Non, son ximnospermas: as súas sementes están espidas.

300

De que residuo producido na fotosíntese nos beneficiamos a maioría dos seres vivos do planeta?

O osíxeno.

300

En que parte dos pteridófitos se encontran as esporas?

Nos SOROS, no envés das frondes.

300

Que diferenza hai entre as NASTIAS e os TROPISMOS?

As nastias son respostas reversibles e non direccionais. Os tropismos son movementos direccionais hacia ou en contra do estímulo.
400

Que son os COTILEDÓNS?

Unhas follas nutritivas que rodean ao embrión na semente.

400

Se unha planta ten flores con 5 pétalos e follas con nerviación palminervia trátase dunha...

DICOTILEDÓNEA

400

En cal destes dous procesos se produce enerxía?: Fotosíntese ou respiración celular.

Respiración celular

400

Que tipo de plantas teñen flores unisexuais sen pétalos nin sépalos?

As XIMNOSPERMAS.

400

Os talos e as follas sempre crecen cara ao sol porque teñen...

FOTOTROPISMO POSITIVO.

500

En que consiste a reprodución alternante das plantas sen semente?

Altérnanse unha fase de gametófito con reprodución sexual, e unha de esporófito con reprodución asexual.

500

As frondes e os cauloides son partes dos...

PTERIDÓFITOS (fieitos)

500

Escribe a reacción xeral da fotosíntese.

6CO2 + 6H2O + sales minerais + enerxía luminosa -----------> C6H12O6 (glicosa) + 6O2

500

Que tipo de adaptacións mostran as flores con polinización entomógama?

Flores con cores vistosas e olores atraentes, pole no interior da flor, producen néctar.

500

Cando tocamos as follas da mimosa estas péchanse. Como se chama este fenómeno?

Sismonastia.

M
e
n
u