Nome do filósofo autor da frase "Todos os homes desexan, por natureza, saber"
Aristóteles
Diferenza unha sensación dun estímulo e pon un exemplo de cada
Sensación é a resposta á información que nos transmiten os sentidos e o estímulo é o que activa os nosos sentidos.
Exemplo de sensación: amargo, suave...
Exemplo de estímulo: un ruído, ondas lumínicas
Que é a atención?
A atención é un filtro de información que fai que só nos fixemos naquilo que consideramos relevante
Por que somos definidos como "animais simbólicos" e que son os símbolos?
Porque sempre empregamos símbolos, por exemplo, na linguaxe ("algo que está por outra cousa")
Que é o coñecemento sensible?
O coñecemento que adquirimos a través dos sentidos e que nos aporta un coñecemento das cousas concretas ou particulares
Define percepción
A percepción é o proceso mediante o cal interpretamos e dámoslle sentido ás sensación
Menciona 2 factores externos e 2 internos que inflúan na atención
Factores externos: a posición, luminosidade, tamaño ou movemento do estímulo
Factores internos: As necesidades biolóxicas, o desexo consumista, a habituación
Quen definiu ao ser humano como un "animal simbólico"?
O filósofo E. Cassirer
Como se adquire coñecemento sobre o abstracto?
A través do coñecemento racional, que debe realizar un proceso de abstracción ( eliminar os trazos particulares de varias cousas particulares do mesmo tipo e obter logo os trazos xerais ou compartidos)
Enumera as leis de agrupación de estímulos, segundo a psicoloxía da Gestalt
Lei de peche, lei de semellanza, lei de continuidade e lei de proximidade
Pon un exemplo de cada un dos tipos de imaxinación que existen
Imaxinación reprodutora: reproduzo na miña imaxinación o que fixen onte pola tarde
Imaxinación creadora: invento unha historia para un concurso de narración
Que elementos compoñen un concepto? Pon un exemplo de cada un
Referente (algo da realidade), idea (contido cognitivo da miña mente) e termo (o nivel lingüístico, a palabra en si)
Correntes filosóficas que une Kant na súa teoría do coñecemento e ideas principais de Kant sobre o coñecemento
Kant une o racionalismo eo empirismo ao considerar que experiencia e razón deben ir unidas no proceso de coñecemento
Diferenza unha ilusión dunha alucinación
As ilusións prodúcense cando os datos que percibimos se combinan de certa meneira que resultan enganosos e a nas alucinacións a persoa percibe algo que non existe na realidade
Que relación hai entre memoria e imaxinación?
A memoria retén, almacena información que logo recupera e emprega a imaxinación
Que relación hai entre linguaxe e percepción?
A linguaxe nome a percepción e polo tanto condiciona o que podemos percibir e mostra como vemos o mundo, isto é, o desenvolvemento da linguaxe vai unido ao desenvolvemento da capacidade perceptiva
Nome dun filósofo racionalista e doutro empirista e ideas principais destas correntes
Racionalismo: Descartes (a razón é a única facultade de coñecemento segura, os sentidos poden ser enganosos)
Empirismo: Locke e Hume (todo coñecemento iníciase coa experiencia, que é tamén o límite do que se pode coñecer)
Afectan os prexuízos ás nosas percepcións?
Si, fannos interpretar as percepcións de acordo coas nosas ideas preconcibidas
Pon un exemplo onde empregues atención, memoria, imaxinación e intelixencia e explica o momento onde uses cada unha delas
Presto atención á explicación na clase, reteño a información na miña memoria, reprodúzoa coa miña imaxinación para facer o exame, onde emprego a intelixencia para escoller, de entre todo o que sei, aquilo que responde ao que me preguntan
Que relación hai entre linguaxe e coñecemento?
O coñecemento non sería posible sen linguaxe. A linguaxe fai posible a transmisión e tamén a acumulación de coñecemento